Joaquin Jimenez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Joaquín Jiménez»)
Joaquin Jimenez

Joaquin Jimenez no seu estudio (2009)

Nacemento23 de outubro de 1956.
  Saumur, Val do Loira.
Francia
EducaciónEscola Rexional de Belas Artes de Angers.
ObrasSerie circulante de euros de Francia.
NacionalidadeFrancia Francés.
editar datos en Wikidata ]

Joaquin Jimenez, nado en Saumur, Val do Loira, o 23 de outubro de 1956,[1] é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas, nomeado en 2020 gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joaquin Jimenez comezou a deseñar moedas do anterior sistema monetario do franco francés para a Monnaie de Paris en 1986 e foi un prolífico creador de moedas conmemorativas durante a década de 1990. Coa chegada do euro, encomendóuselle a creación dos deseños para os anversos da serie circulante francesa completa, desde o céntimo aos dous euros, que comezou a cuñarse en 1999, así como unha gran cantidade de moedas francesas conmemorativas co seu valor facial en euros.[2] Unha destas creacións foi o anverso da moeda de dous euros conmemorativa dos 35 anos do Programa Erasmus, que se emitiu conxuntamente en todos os Estados da Eurozona.[3]

Joaquin Jimenez creou ademais deseños propios para moedas de países e autoridades emisoras alleas á Eurozona, como Xibraltar, Niue ou Suíza.[2]

En 2020 accedeu ao prestixioso cargo de gravador xeral de moedas de Francia.[4]

En 2008 foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e das Letras,[5] e foi promovido a comendador desta orde en 2021.[6]

Moedas creadas por Joaquin Jimenez[editar | editar a fonte]

Moedas circulantes[editar | editar a fonte]

Moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Pierre Rodier
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

Desde 2020
Sucesor:
-