Mario Kempes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Kempes
Mario Kempes Argentina vs. Holanda.JPG
Mario Kempes festexa un dos seus goles a Holanda na final do Mundial 1978.
Información persoal
Nome completo Mario Alberto Kempes Chiodi
Nacemento 15 de xullo de 1954 (65 anos)
Lugar Bell Ville, Flag of Argentina.svg Arxentina
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Retirado
Carreira xuvenil
Instituto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1970–1973 Flag of Argentina.svg Instituto 13 (11)
1974–1976 Flag of Argentina.svg Rosario Central 107 (85)
1977–1981 España Valencia 142 (95)
1981–1982 Flag of Argentina.svg River Plate 29 (15)
1982–1984 España Valencia 42 (21)
1984–1986 España Hércules 38 (10)
1986–1987 Australia First Vienna 20 (7)
1987–1990 Australia St. Pölten 96 (34)
1990–1992 Australia Kremser SC 39 (7)
1995 Flag of Chile.svg Fernández Vial 11 (5)
1996 Flag of Indonesia.svg Pelita Jaya 15 (10)
Total 537 (290)
Selección nacional
1973–1982 Arxentina 43 (20)
Adestrador
1996 Flag of Indonesia.svg Pelita Jaya
1996 Flag of Albania.svg Lushnja
1997–1998 Flag of Venezuela.svg Mineros de Guayana
1999 Flag of Bolivia.svg The Strongest
2000 Flag of Bolivia.svg Blooming
2000–2001 Flag of Bolivia.svg Independiente Petrolero
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Mario Alberto Kempes Chiodi, nado en Bell Ville (Córdoba) o 15 de xullo de 1954, é un ex futbolista e adestrador arxentino. Coñecido como O Matador, xogaba de centrocampista ofensivo ou dianteiro esquerdo.

Foi elixido pola IFFHS como o sexto mellor xogador arxentino do século XX,[1] destacado pola súa zurda potente, facilidade para o gol, velocidade, coraxe e destreza. Foi campión coa selección arxentina do Mundial de Fútbol de 1978, sendo o máximo goleador do torneo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas inferiores de Talleres de Bell Ville. En 1972 pasou a xogar no Instituto Atlético Central Córdoba, que volveu proclamarse campión da Liga Cordobesa despois de seis anos. Gañou tamén o Torneo Nacional en 1973. En 1974 o Rosario Central comprouno por 130 millóns de pesos e foi o máximo goleador da Primeira División da Arxentina en 1974 e 1976.

A mediados de 1976 o Valencia CF cómprao por 30 millóns de pesetas, onde deixou plasmada a súa facilidade para o gol obtendo o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga española en dúas ocasións (76/77 con 24 goles e 77/78 con 28).

Ao medio disto chegou o Mundial de 1978 realizado na Arxentina onde Kempes foi campión coa súa selección, máximo goleador do torneo e máxima figura da competición.

Gañou co equipo valenciano a Copa do Rei en 1979 ao vencer na final ao Real Madrid por 2-0 conseguindo el os dous goles. Tamén conseguíu a Recopa de Europa en 1980 ante o Arsenal na quenda de penaltis, na que, curiosamente, fallou o seu. En decembro do mesmo ano, o Valencia gañaba a Supercopa de Europa ao Nottingham Forest, 2-1 en Nottingham e 1-0 en Valencia. Mario Kempes está considerado como un dos mellores futbolistas na historia do Valencia CF.

Volveu a Arxentina en marzo de 1981, ao River Plate por 300 millóns de pesetas. Co club de Núñez, obtivo o Campionato Nacional de 1981, onde Kempes anotou un decisivo gol na final, xogada ante Ferro Carril Oeste.

Ao non poder o club arxentino cumprir con todos os pagos e unicamente abonar 130 millóns de pesetas regresou ao Valencia CF na tempada 1982/83 onde permaneceu ata a 1984/85. Despois marchouse ao Autocares Luz de Valencia, equipo da liga de fútbol sala e tras uns meses ao Hércules CF xogando 2 tempadas, nas cales os seus grandes goles serviron para a permanencia na máxima categoría do fútbol español.

Despois empezou o seu periplo por equipos centro-europeos de escaso nivel como First Vienna, Sankt Polten, Krems, ou outros como Arturo Fernández Viario, equipo da segunda división do fútbol chileno, ou o Petaling Jaya de Indonesia en 1996 antes da súa retirada do fútbol.

Entre 1996 e 2001 adestra a equipos de Indonesia, Albania, Venezuela e Bolivia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Copa do Rei Valencia CF España España 1979
Torneo Nacional River Plate Flag of Argentina.svg Arxentina 1981

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Mundial de Fútbol Selección arxentina Flag of Argentina.svg Arxentina 1978
Recopa de Europa Valencia CF España España 1980
Supercopa de Europa Valencia CF España España 1980

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Máximo goleador da Primeira División Arxentina 1974
Máximo goleador da Primeira División Arxentina 1976
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española 1977
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española 1978
Bota de Ouro ao máximo goleador do Mundial de Fútbol 1978
Futbolista suramericano do ano 1978
Máximo goleador da Recopa de Europa 1980
Elixido FIFA 100 2004
23º posto no ránking do Mellor xogador suramericano do século XX[2] 2006
6º mellor xogador arxentino do século XX pola IFFHS 2006

Notas[editar | editar a fonte]