Saltar ao contido

Juan Antonio Pizzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Antonio Pizzi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Santa Fe, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1987-1990 Club Atlético Rosario Central 57(27)
1990-1991 Deportivo Toluca Fútbol Club (pt) Traducir 30(12)
1991-1993 Club Deportivo Tenerife 68(30)
1993-1994 Valencia CF 19(4)
1994-1996 Club Deportivo Tenerife 73(46)
1996-1998 Futbol Club Barcelona 48(11)
1998-1999 Club Atlético River Plate 17(6)
1999-2000 Club Atlético Rosario Central 28(19)
2000-2000 Futebol Clube do Porto 11(3)
2001-2001 Club Atlético Rosario Central 28(11)
2002-2002 Villarreal Club de Fútbol 13(1) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1994-1998   España 22(8) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Club Atlético Colón Editar o valor em Wikidata
Participou en
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 155147 UEFA: 22917 Editar o valor em Wikidata

Juan Antonio Pizzi Torroja, nado en Santa Fe o 7 de xuño de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando na súa Santa Fe natal pero ao ser collido nas categorías inferiores do CA Rosario Central trasládase á cidade rosarina, onde tamén comezou a estudar a carreira de medicina, porén deixaría os estudos ao cabo de poucos meses. Con só 18 anos sofre un forte golpe co porteiro Roberto Bonano, polo que tivo que ser operado froito do cal perdeu un ril.

Debutou na primeira división arxentina o 8 de xuño de 1988 con 20 anos, ante River Plate. O seu bo papel en Rosario fai que moitos equipos se fixen nel, sendo fichado polo Deportivo Toluca de México, porén o equipo non conseguiría clasificarse para os play-off e Pizzi foi posto no mercado.

En 1991 fichou polo CD Tenerife, na Primeira División Española. No seu segundo ano nas illas canarias axudaría ao equipo a clasificarse para a Copa da UEFA, porén non chegaría a debutar nesa competición co equipo, ao fichar polo Valencia CF. No equipo levantino non tería continuidade e volvería ao Tenerife un ano despois, repetíndose o proceso da anterior experiencia e clasificándose o equipo para a Copa da UEFA ao ano seguinte, esta vez gañando Pizzi o Trofeo Pichichi con 31 goles anotados.

Ao comezo da tempada 1996/97 fichou polo FC Barcelona, club no que so estaría dúas tempadas pero co que gañou moitos trofeos, conseguindo os títulos de Copa do Rei de Fútbol, Recopa de Europa e Supercopa de España de Fútbol na primeira tempadas e os de Copa do Rei, Supercopa de Europa e campión de Liga.

En 1998 volveu a Arxentina ao River Plate, o seu rendemento non foi o esperado e cambiou de equipo, volvendo a Rosario Central, onde xogaría o resto da súa carreira salvo breves pasos por FC Porto e Villarreal CF, onde colgaría as botas.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado comezou a traballar como Adestrador, primeiro con malas experiencias como no CA Colón de Santa Fe ou no Club Deportivo Universidad San Martín de Porres peruano.

A mediados de 2009 comeza a adestrar en Chile, primeiro ao CD Santiago Morning co que acadou a semifinal do Torneo Apertura, e ao CD Universidad Católica co que gañaría o Torneo Apertura e chegaría a cuartos de final da Copa Libertadores.

No ano 2011 converteuse en adestrador do CA Rosario Central, na segunda división arxentina co obxectivo de ascender, porén non acadaría tal fin e deixou o equipo ao final de tempada. Ao ano seguinte fíxose cargo do CA San Lorenzo de Almagro, co que gañou o Torneo Inicial da tempada 2013/14.

A comezos do ano 2014 fichou polo Valencia CF, en substitución do serbio Miroslav Đukić[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]