Samuel Eto'o

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Samuel Eto'o
Samuel 2011.jpg
Eto'o en 2011.
Información persoal
Nome completoSamuel Eto'o Fils
Nacemento10 de marzo de 1981 (37 anos)
LugarDouala, Camerún
Altura1,80 m.
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualSampdoria
Número99
Carreira xuvenil
1992–1997Kadji Sports Academy
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1997–2000Real Madrid3(0)
1997–1998Leganés (cedido)30(4)
1999Espanyol (cedido)0(0)
2000Mallorca (cedido)19(6)
2000–2004Mallorca120(48)
2004–2009Barcelona145(108)
2009–2011Inter de Milán67(33)
2011–2013Anzhi Makhachkala53(25)
2013–2014Chelsea21(9)
2014–2015Everton14(3)
2015–Sampdoria0(0)
Selección nacional
2000Camerún sub-236(1)
1997–2014Camerún118(56)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 27 de xaneiro de 2015.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 27 de xaneiro de 2015.

Samuel Eto'o Fils, nado o 10 de marzo de 1981 en Douala, é un futbolista camerunés. Xoga de dianteiro e actualmente xoga no UC Sampdoria. Ten tamén pasaporte español, permitíndolle xogar na Unión Europea sen contar coma xogador estranxeiro.

Eto'o marcou máis de 100 goles en cinco tempadas co FC Barcelona, e é ademais o xogador africano con maior número de partidos xogados na Primeira división española de fútbol.[1] No ano 2010, converteuse no primeiro xogador en conseguir dous tripletes consecutivos en Europa, co Barcelona e co Inter de Milán. É o segundo xogador en anotar en dúas finais da Liga de Campións da UEFA, e o cuarto xogador, tras Marcel Desailly, Paulo Sousa e Gerard Piqué, en gañar dúas Ligas de Campións consecutivas con diferentes equipos.[2] Conseguiu o premio ó mellor xogador africano do ano en catro ocasións: 2003, 2004, 2005 e 2010.

Coma membro da selección de Camerún, foi parte do equipo que gañou o torneo olímpico de Sidney 2000. Participou ademais en tres mundiais de fútbol e en seis copas de África, sendo campión dúas veces. É ademais o máximo anotador da historia da Copa de África, con 18 goles.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Mallorca
Barcelona
Internazionale

Internacional[editar | editar a fonte]

Camerún
Equipo Olímpico de Camerún

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Phil Minshull (5 de maio de 2008). "Eto'o sets La Liga record". BBC Sport. Consultado o 5 de maio de 2008. 
  2. personal records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]