Irene Joliot-Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Irène Joliot-Curie
Joliot-curie.jpg
Datos persoais
Nacemento 12 de setembro de 1897
Lugar París Flag of France.svg Francia
Falecemento 17 de marzo de 1956
Lugar París Flag of France.svg Francia
Residencia Francia
Nacionalidade francesa
Actividade
Campo química
Alma máter La Sorbonne
Director de tese Paul Langevin
Contribucións e premios
Coñecido por Transmutación
Premios Premio Nobel de Química (1935)
Os seus pais foron os tamén premio Nobel Marie Curie e Pierre Curie

Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dos tamén famosos científicos Marie Curie e Pierre Curie, estudou na Sorbona, tendo que interromper os seus estudos pola I Guerra Mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutorado en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.

Casamento e Nobel[editar | editar a fonte]

Irène + Frédéric (1934)

No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radioactividade natural e artificial, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.

Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.

Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena, e un fillo, Pierre.

Morreu en 1956 a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Harold Clayton Urey
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1935
con
Frédéric Joliot
Sucesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye