Illa do Castelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa do Castelo
Illa do Castelo, en Touriñán
Illa do Castelo en A Coruña
Illa do Castelo
Illa do Castelo
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaA Coruña
MarOcéano Atlántico
Coordenadas43°2′52″N 9°18′2″O / 43.04778, -9.30056Coordenadas: 43°2′52″N 9°18′2″O / 43.04778, -9.30056
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Illa do Castelo (Illa Herbosa) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte ao cabo Touriñán, Muxía. O seu nome ven dos restos de pedras no alto da illa e que poderían pertencer a unha construción tipo torre ou faro. Pódense ver os restos dunha muralla no lado leste e outra feita de perpiaño, que debería ser unha entrada no extremo sur. Segundo algúns escritos,[quen?] indican aquí unha torre de Augusto que serviría de faro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Só se pode acceder a illa a través dunha cama de seixos durante determinados días do ano. Só está aberta a visitas durante mareas vivas e só durante unhas horas, porque existe o risco de quedar illado nela coa subida do mar, a escasos metros do continente, pero sen a posibilidade de volver a pé.

Historia e lenda[editar | editar a fonte]

O Castelo tamén está chea de historias e lendas. No puramente físico, aínda se observan restos xa moi deteriorados na parte superior, que poderían corresponder a unha construción, ao estilo dunha torre ou dun faro. Ademais, cara á parte oriental do illote aínda quedan vestixios dun muro perimetral, mentres que no seu extremo sur estas pezas son de pedra labrada.

Xa no plano da especulación histórica, algúns autores[quen?] situaron aquí a Torre de Augusto, á que se referiu o historiador romano Pomponio Mela, dentro da súa descrición das terras habitadas polos nerios, como un punto no que o trazado do litoral cambia a súa orientación significativamente.