Illa de Santo Antón
- Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña.
Tipo | Illote | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cesantes, España | |||
| ||||
Bañado por | ría de Vigo | |||
Características | ||||
Superficie | 0,012 km² | |||
A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.
Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían.
O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista.
No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural.[1]
No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.
Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.