Illa de Onza
Illa de Onza | |
---|---|
![]() Illa de Onza dende a veciña illa de Ons. | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Mar | Atlántico |
Coordenadas | 42°20′50.4″N 8°56′7.44″O / 42.347333, -8.9354000 |
Xeografía | |
Superficie | 0´32 km² |
Longura máxima | km |
Largura máxima | km |
Punto máis alto | 84 m. |
Distancia a terra | m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.
É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Onza.
Illa de Ons e de Onza
Illa de Onza desde a Espaduada e Fedorentos na Illa de Ons.
Onza desde a punta Faxilda, en Sanxenxo.