Illas Sisargas
Coordenadas: 43°21′33″N 8°50′17″O / 43.35903, -8.83808
Illas Sisargas | |
---|---|
![]() Illas Sisargas. | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | A Coruña |
Arquipélago | Illas Sisargas |
Mar | Atlántico |
Coordenadas | 43°21′33.111″N 8°50′30.345″O / 43.35919750, -8.84176250 |
Xeografía | |
Superficie | 0,8 km² |
Longura máxima | 1,6 km |
Largura máxima | 1,1 km |
Perímetro | 5,4 km |
Punto máis alto | 92 msnm, Sisarga Grande |
Distancia a terra | 0,75 km |
Demografía | |
Capital | Malpica de Bergantiños |
Poboación | 0 |
Densidade | 0 hab./km² |
As illas Sisargas son un arquipélago galego situado no océano Atlántico en fronte a Malpica de Bergantiños en plena Costa da Morte. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande -a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro-, a illa Sisarga Chica -a máis próxima á costa- e a illa Malante, situada entre as dúas. As illas pertencen ó concello de Malpica.
Xeografía[editar | editar a fonte]

Están situadas preto da costa, con 750 m de distancia entre a illa Sisarga Chica e o cabo de Santo Hadrián. Están a 3 km da vila de Malpica e a uns 35 km ao oeste da cidade da Coruña. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xiradoː a illa Sisarga Grande é a máis occidental e setentrional, Malante ocupa a posición central e angular, e a illa Sisarga Chica -tamén denominada Atalaxeiro- ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (Canal de Estádiga entre as dúas primeiras; Canal de Esteirón, entre a Malante e a Chica). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 92 m sobre o nivel do mar.
Fauna[editar | editar a fonte]
A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), garrucho (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Toponimia[editar | editar a fonte]
O padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, propuxo a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen cara ao ano 60 a. C., chegou á Gallaecia, e someteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría coas súas naves, polo que se someterían decontado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, desvelando o estadio lingüístico actual a influencia seseante.
En relación con isto, Rodríguez Bordallo e Ríos Graña sosteñen que aquí estivo localizado un dos grupos das Aras Sestianas, en concreto os citados por Tolomeo como "Sestíou bomoí": "tres altares de Sestíos".
Con todo, o máis coherente e aceptado hoxe en día, é que proveñan dunha raíz hidronímica indoeuropea *eis- 'fluír', en grao cero *is-, dunha forma *Illas Isargas (de *Insulas Isáricas)[Cómpre referencia]. O S- non sería máis que a deglutinación do -s final de Illas. Da mesma produtiva raíz veñen tamén o nome do río Ézaro (de *Ísarus) e moitos outros hidrónimos galegos e europeos.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Mapa de principios do século XVIII da canle entre as illas e a costa
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
A Atalaia | O Barreiro | O Caldeirón | O Camiño do Río | O Campo | A Camposa | A Camuza | Cancela de Areas | Canido | A Cerca | A Costa | O Escorial | Illas Sisargas | Malpica | Os Medros | A Orxeira | As Pedreiras | A Pedreiriña | Os Piñeiros | O Porto | A Praia | Santo Antonio | Seaia | Seixas | Sorrío | O Ventorrillo | Vilarnovo | As Vistas |
Parroquias de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Otero Pedrayo, Ramón, Guía de Galicia. Galaxia. Vigo. 1954.
- Rodríguez Bordallo, Ramón e Ríos Graña, Ana María, El simbolismo, la localización y el número de las Aras Sestianas, in Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto. I volumen. Xunta de Galicia. Santiago. 1984
- Sarmiento, Martín, Onomástico etimológico de la Lengua Gallega, 1757. Edic. de J. L. Pensado Tomé, vol.I. Salamanca. 1998.