Saltar ao contido

Illas Gaveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Gaveiras
Imaxe
Illas Gaveiras, vistas dende o castro de Lobadiz
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Xurxo da Mariña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°30′41″N 8°20′18″O / 43.51126822, -8.33841003
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata

As Illas Gaveiras é un pequeno arquipélago galego situado na costa da parroquia de San Xurxo da Mariña, en Ferrol. O arquipélago está formado por dúas illas: a illa Gaveira de Terra e a illa Gaveira de Mar, aínda que en realidade ámbalas dúas están unidas por un cordón rochoso conformando unha illa soa.

Na actualidade a illa atópase despoboada. Non obstante, existe evidencia da presenza de poboados castrexos, probabelmente en relación co castro de Lobadiz situado na costa en fronte das illas, a poucos quilómetro destas. Restos de cerámicas foron atopados nas illas, o que apoia á idea da presenza humana nas illas na antigüidade.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

As dúas illas pertencen a diferentes idades xeolóxicas, o que lles proporciona diferentes cores. Gaveira de Terra, a máis achegada á costa, ten aproximadamente 0,06 hectáreas, e está formada polos mesmos materiais que os cantís costeiros. Porén, Gaveira de Mar, a máis afastada da costa, posúe unha característica cor negra, dada a súa orixe xeolóxica distinta, composta por rochas ígneas de minerais ultrabásicos cristalizados.

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

A poboación animal das illas é a típica da costa atlántica[1]: gaivota patiamarela, corvo mariño cristado e aves infrecuentes nas costas galegas coma a gralla cerexeira, a gralla biquivermella, ou o anduriñón real (Apus melba), está última formando na illa unha das colonias máis importantes de Galicia.[2] As illas teñen un carácter fortemente rochoso, polo que a vexetación é escasa. Gaveira de Mar é, de entre as dúas, a que presenta unha maior poboación de especias vexetais. Destacan as especies Lavatera arborea, a herba de mamorar ou o pirixel de mar.

[editar | editar a fonte]

Existe unha lenda na cultura popular ferrolá que di que na antigüidade existía unha ponte colgante que unía a costa ferrolá e o castro de Lobadiz coas illas.

  1. "Natura 2000: Costa de Ferrolterra e Valdoviño." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2014. 
  2. Barros, Álvaro; Jorge Mouriño, Belén Lorenzo (2004). "Censo e distribución de andoriñón real (Apus melba L.) en Galicia.". Chioglossa: 39–45. Consultado o 31 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]