Illa de Tourís Novo
Illa de Tourís Novo | |
---|---|
![]() Illa de Tourís Novo | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 42°27′52.43″N 8°51′30.6″O / 42.4645639, -8.858500 |
Xeografía | |
Superficie | 0´15 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.
Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.