A Marola
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A Marola | |
---|---|
![]() Vista dende o mar da illa da Marola | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | A Coruña |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 43°24′23″N 8°20′8″O / 43.40639, -8.33556Coordenadas: 43°24′23″N 8°20′8″O / 43.40639, -8.33556 |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Marola é un pequeno illote situado fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros na Comarca da Coruña.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A Marola está situada xusto na confluencia das rías de Ferrol, Betanzos e Coruña, polo que é unha zona de correntes e ondas debido ás cales xurdiu o refrán: "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda".[1]
Esta zona oleirense foi declarada monumento natural en 1998.
O illote pódese observar, cunha magnífica vista do Cabo Prior, a Ría de Ares, o faro de Mera e da cidade da Coruña, dende o Seixo Branco, pertencente á xa nomeada costa de Dexo-Serantes.
Os concellos da Coruña e Oleiros adicaron senllas rúas ao illote no barrio de Monte Alto[2] e en Dexo,[3] respectivamente.