Illa da Rúa
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Océano Atlántico | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ribeira, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 4 ha | |||
A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence.
É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.
É unha bonita illa para visitar, onde atoparemos moitas gaivotas, e un pozo de auga, sendo unha das poucas illas co súa propia subministración de auga.
- Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga nos beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |