Illa de Sálvora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°28′24.96″N 9°0′42.12″O / 42.4736000, -9.0117000

Illa de Sálvora
Sálvora-Aguiño11eue.jpg
En primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora.
Localizacion Ria de Arousa.Galicia.png
Localización da illa de Sálvora.
Situación
País España España
Rexión Galicia Galicia
Provincia A Coruña
Arquipélago Salvora
Mar Ría de Arousa
Xeografía
Superficie 1,9 km² km²
Longura máxima 2 km
Punto máis alto As Gralleiras (71 msnm)
Distancia a terra 3 km
Demografía
Poboación Deshabitada

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007,[1] atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Ministerio de Medio Ambiente pecha a merca de Sálvora Consello de Cultura Galega, 11 de setembro de 2007

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Sálvora

Bibliografía[editar | editar a fonte]