Illa Gavoteira
Aparencia
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Aguiño, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 1 ha | |||
A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.
