Saltar ao contido

Illas de Gres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas de Gres
Imaxe
TipoInsua Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGres, España e Ledesma, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°47′40″N 8°20′07″O / 42.794514, -8.33525
Bañado porrío Ulla Editar o valor en Wikidata

As Illas de Gres ou Insuas de Gres constitúen unha paraxe natural formada por seis insuas naturais localizadas no río Ulla entre as parroquia de Gres (no concello de Vila de Cruces) e Ledesma (no concello de Boqueixón), entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Cinco delas, as illas de San Ramón, dos Namorados, da Palleta, de Pachín e da Praia, están unidas entre si por pontellas que permiten o paso aos visitantes e cruzar o río a través duns pasais. A insua de San Ramón está limpa de mato e nela están instalados o campo da festa rodeado de árbores á beira da auga, un palco de cemento e unha escultura homenaxeando ó escritor de Gres Xosé Neira Vilas. Río arriba e pasando de insua en insua pódese chegar á insua dos Namorados, chamada así por estar máis recollida.

Todas as insuas están poboadas de carballos centenarios, ademais doutras moitas especies propias das zonas húmidas: ameneiros, freixos, sabugueiros, loureiros e outros vexetais diversos, como por exemplo os picamulos (xilbarbeira), acivros, abrótegas, prímulas e, no outono, cogomelos.