Illa de Santa Comba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Illa de Santa Comba é unha illa galega, situada na provincia da Coruña, na costa norte do concello de Ferrol (parroquia de Covas). É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]