Illa da Insuíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′48″N 08°36′38″O / 42.34667, -8.61056

Illa da Insuíña
Illa da Insuíña
Vilaboa desembocadura.jpg
A Insuíña vista desde a Rúa do Pintor Medal, en Pontesampaio.
Situación
País Galiza Galiza
Concello Pontevedra
Provincia Provincia de Pontevedra
Mar Océano Atlántico
Demografía
Poboación Deshabitada

A illa da Insuíña, tamén coñecida coma illa de Medal, é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m².

A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas.

No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 , sendo restaurada e acondicionada.

Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con ameas, e conta cun pombal, un hórreo, e un ceador, todo feito con granito do país.


Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]