Illa de San Clemente
Illa de San clemente | |
---|---|
vista da illa
|
|
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 42°21′00″N 8°45′15″O / 42.349866, -8.754144Coordenadas: 42°21′00″N 8°45′15″O / 42.349866, -8.754144 |
Xeografía | |
Superficie | 0´014 km² |
Punto máis alto | 15 m. |
A Illa de San Clemente (Illa de San Clemente, Illa de San Cremenzo, Illa do Santo do Mar) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada no litoral do sur do concello de Marín.
Características[editar | editar a fonte]
É un illote de 1,4 hectáreas moi próxima á costa, con quen chega a unirse nas grandes baixamares mediante un tómbolo areoso; o resto da illa está rodeado de arrecife. Está cuberta de pradería e ela hai un par de piñeiros de bo porte.
Consérvanse as ruínas da ermida de San Clemente, na que antigamente se celebraba unha concorrida romaría. A devandita ermida foi cantada na Idade Media polo trobador galego Nuno Treez nunha cantiga de amigo:
- [...]
- San Clemenço do Mar,
- se mi d'el non vingar,
- non dormirei,
- San Clemenço señor.
- Se vingada fôr,
- non dormirei.
- Se mi d'el non vingar,
- do fals' e desleal,
- non dormirei.
- Se vingada non fôr
- do fals'e traedor
- non dormirei.
- [...]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de San Clemente |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao; Illas de Galicia, Xerais, 1991, ISBN 978-8475075822.
- Ramírez, Cristobal; Islas de Galicia, Era Editorial, 2004, ISBN 978-84-933775-8-8 (en castelán).
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|