Electrólise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Schemas electrolyse h2o.jpg

A electrólise é un fenómeno de descomposición química dun soluto por unha corrente eléctrica continua que atravesa a disolución. Os catións, cargados positivamente, por exemplo, ións metálicos, deposítanse no cátodo, e os anións, cargados negativamente, por exemplo, ións halóxenos, fano no ánodo. A cantidade de cada elemento que se deposita nun eléctrodo é proporcional á cantidade de corrente que atravesa a disolución.

Este proceso ten varias aplicacións, como por exemplo, o de purificador de substancias e tamén é un sistema de separación de isótopos para obter auga pesada de ata un 99% de pureza. Úsase tamén na obtención de metais alcalinos e algúns outros metais pesados, co que se consigue un excelente grao de pureza. Tamén se utiliza na obtención do hidróxeno, na análise electrolítica e en galvanotecnia.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberta accidentalmente en 1800 por William Nicholson mentres estudaba o funcionamento das baterías. Entre os anos 1833 e 1836 o físico e químico inglés Michael Faraday desenvolveu as leis da electrólise que levan o seu nome e acuñou os termos.