Saltar ao contido

José Casares Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Casares Gil»)
Modelo:BiografíaJosé Casares Gil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1866 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador nas Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
24 de xaneiro de 1940 – 11 de xuño de 1958
← Blas Cabrera FelipeAlfonso Peña Boeuf →
Q136700920 Traducir
Representa: seis

6 de xaneiro de 1932 – 21 de marzo de 1961
← sen valor – Nicolás Gutiérrez del Álamo y García (pt) Traducir →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Q135627235 Traducir
Representa: 13

1 de decembro de 1918 – 21 de marzo de 1961
← Manuel Martín SalazarRomán Casares López →
Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
Representa: oito

15 de xuño de 1913 – 21 de marzo de 1961
← Juan Fagés y Virgili (en) TraducirJosé Pascual Vila (en) Traducir →
Presidente Real Sociedade Española de Física e Química
1911 – 1911
← Alfredo Mendizábal y MartínFrancisco Íñiguez e Íñiguez →
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Presidente Real Sociedade Española de Historia Natural
decembro de 1906 – decembro de 1907
← Florentino Azpeitia MorosLuis Simarro →
Senador do Reino
24 de setembro de 1905 – decembro de 1920
Circunscrición electoral: Universidade de Santiago de Compostela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico, químico, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAntonio Casares Rodríguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Casares-Gil Editar o valor en Wikidata
Premios

Galiciana: 105993 BNE: XX1043941 BUSC: casares-gil-jose-1866-1961 Dialnet: 3383634 Arquivo Histórico de Deputados: 22860

José Casares Gil, nado en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1866 e finado o 21 de marzo de 1961, foi un farmacéutico galego. Foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia de profesores universitarios, licenciouse en farmacia en 1884 pola USC. En 1888 logrou a primeira cátedra de Análise Química e Técnica Física da Facultade de Farmacia de Barcelona, da que pasou á de Madrid en 1905. Estudou tamén ciencias, e organizou as ensinanzas básicas da carreira.

En 1896 foi a Múnic en viaxe de estudos, traballando baixo a dirección do profesor Adolph Baeyer. Alí puido coñecer as técnicas da investigación química, que tanto esplendor tiñan naquel entón en Alemaña. Foi condiscípulo entre outros de Richard Martin Willstätter, Heinrich Otto Wieland, cos que mantivo amizade e vencello toda a súa vida.

Estivo en París completando a súa formación con Henri Moissan, o descubridor do flúor e autor de técnicas de investigación en baixas e altas temperaturas. En 1899 viaxou a Nova York, onde traballou con Alexander Smidt na separación de metais nobres e terras raras.

De regreso á Universidade de Barcelona, pronunciou un célebre discurso de apertura do curso 1900-01, expoñendo o atraso das universidades do estado español, nas que, malia haber excelentes conferenciantes, non se producían achegas orixinais a unha ciencia que camiñaba a pasos axigantados.

Foi elixido académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais o 6 de decembro de 1911, ingresando o 15 de xuño de 1913 cun discurso sobre a valencia química. Foi designado presidente o 24 de xaneiro de 1940, renunciando o 11 de xuño de 1958. En función deste posto, foi procurador en Cortes.

Na actualidade existe a Fundación José Casares Gil[1] de amigos de la Real Academia Nacional de Farmacia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]