Humphry Davy
Humphry Davy | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de agosto de 1778 |
Lugar | Penzance, Cornualles |
Falecemento | 29 de maio de 1829 |
Lugar | Xenebra |
Soterrado | Cemiterio dos Reis |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña |
Cónxuxe | Jane Davy |
Actividade | |
Campo | químico, inventor, físico, xeólogo, fotógrafo, poeta e escritor |
Alma máter | Truro Cathedral School |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | electrólise |
Influíu en | Michael Faraday, William Thomson |
Premios | membro da Royal Society, Medalla Copley, Medalla Real, Medalha Rumford, Premio do galvanismo, Bakerian Lecture, Fellow of the Zoological Society e AAAS Fellow |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Humphry Davy, nado en Penzance en 1778 e finado en Xenebra en 1829, foi un químico córnico. Foi profesor da Royal Institution of Great Britain dende 1801, foi tamén presidente da Royal Society (1820-1827).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1800 Alessandro Volta presentou a primeira batería eléctrica e Davy empregouna para separar sales nun proceso coñecido hoxe como electrólise, con varias baterías en serie conseguiu separar o potasio e o sodio en 1807 e calcio, estroncio, bario e magnesio en 1808. Davy tamén estudou as enerxías envolvidas na separación destes sales, o que hoxe se coñece como electroquímica.
En 1812 casou cunha viúva rica, logo dunha viaxe por varios países europeos, inventou a lámpada que leva o seu nome, empregada para evitar as explosións de grisú nas minas. En 1813 publica Elements of agricultural chemistry in a course of lectures for the board of agriculture.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Humphry Davy |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Humphry Davy |