Saltar ao contido

A noite americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A noite americana
 Instancia de
 Título
La Nuit américaine (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Organizacións
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
3 de outubro de 1973 (Suecia)
27 de setembro de 1973 (Países Baixos)
7 de setembro de 1973 (Italia, España, Estados Unidos de América)
24 de maio de 1973 (Francia)
14 de setembro de 1973 (Finlandia)
5 de setembro de 1973 (Arnhem)
21 de setembro de 1973 (Alemaña)
15 de maio de 1973 (1973 Cannes Film Festival (en) Traducir)
1973 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración115 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
 Nomeamentos
 Puntuación da crítica
98% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
8.5/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF207944248 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025y2v Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0070460 Filmaffinity: 113826 Allocine: 3709 Rottentomatoes: m/day_for_night Allmovie: am7123 TCM: 72411 TV.com: movies/day-for-night Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A noite americana (en francés: La nuit américaine) é un filme francés de 1973, dirixido e protagonizado por François Truffaut, xunto a Jacqueline Bisset e Jean-Pierre Léaud nos papeis principais.

A historia narra as tribulacións dun director de cinema durante a rodaxe dun filme. Toma o seu título da técnica cinematográfica homónima, que consiste na aplicación dun filtro escuro sobre a lente da cámara que simula que se roda de noite.

Foi emitido na TVG o 7 de agosto de 1991.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Nun estudio de cinema en Niza, prepárase a rodaxe do filme Je Vous Présente Paméla, un melodrama cheo de tópicos. Os actores son (Jean-Pierre Aumont) e Séverine (Valentina Cortese) estrelas dun tempo pasado, Alphonse (Jean-Pierre Léaud), un galán novo e temperamental con aires de divo, e unha actriz británica, Julie Baker (Jacqueline Bisset).

Enlazadas no guión van aparecendo situacións reais da vida dos actores e do equipo técnico, cos seus conflitos persoais, como o de Julie Baker, inestable por unha crise nerviosa pola controversia creada polo seu matrimonio cun médico moito máis vello ca ela, pai do seu exmarido; ou o de Alphonse, que ameaza con abandonar a filmación cando a súa moza o deixa por un dos técnicos; ou o de Alexandre, o veterano, moi profesional nas súas escenas, mais nervioso e impaciente por ir buscar un rapaz ao aeroporto; a veterana estrela Sevérine ten problemas co alcohol e esquece os seus diálogos.

O desenvolvemento da rodaxe móstrase a través de escenas entre o persoal técnico e o director Ferrand (François Truffaut), que traballan intensamente para lograr entregar o filme rematado no tempo estipulado.

  • Jacqueline Bisset - Julie
  • Valentina Cortese - Severine
  • Dani - Liliane
  • Alexandra Stewart - Stacey
  • Jean-Pierre Aumont - Alexandre
  • Jean Champion - Betrand
  • Jean-Pierre Léaud - Alphonse
  • François Truffaut - Director Ferrand
  • Nathalie Baye - Joelle
  • David Markham - Doctor Nelson
  • Zénaïde Rossi - Madame Lajoie
  • Xavier Saint-Macary - Christian

O escritor Graham Greene fai un cameo como representante da compañía de seguros, acreditado como "Henry Graham".[2]

  1. Programación da TVG
  2. French, Philip (25 de xullo de 2010). "The 10 best movie cameos". The Guardian (Londres).
  3. "The 46th Academy Awards (1974) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 3 de decembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]