República Federal Alemá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alemaña Occidental")
Bundesrepublik Deutschland
República Federal de Alemaña

 

1949–1990
Bandeira Escudo
Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit
Unidade, Xustiza e Liberdade
Himno: Das Lied der Deutschen
A canción dos alemáns
Capital Bonn
Lingua Alemán estándar e outras
Goberno República federal
Presidente
 • 1949–1959
(primeiro)
Theodor Heuss
 • 1984–1990 (reunificación)
(derradeiro)
Richard von Weizsäcker
Chanceler
 • 1949–1963 Konrad Adenauer
 • 1982–1990 (reunificación) Helmut Kohl
Período histórico Guerra Fría
 • Establecido 23 de maio de 1949
 • Disolución 1990

A República Federal Alemá (en alemán: Bundesrepublik Deutschland), tamén coñecida como Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1991, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.