Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións
quito poboación, obtido de wikidata |
m →Historia: arranxiños |
||
Liña 128: | Liña 128: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do [[megalitismo en Galicia|megalitismo]], debido á existencia de varias [[mámoa]]s no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na [[idade |
Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do [[megalitismo en Galicia|megalitismo]], debido á existencia de varias [[mámoa]]s no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na [[idade de bronce]] unha comunidade gravou varios [[petróglifo]]s en Veiga de Sas. Da [[idade de ferro]] a [[cultura castrexa]] deixou os restos da varios [[castro (poboado)|poboados]]: o [[castro de Paradela]], o [[castriño da Cerca]] (Serra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos [[tiburos]]. |
||
A [[romanización de Galicia]] iniciouse entre os anos [[-137|137]] e [[-19|19 a.n.e.]]. Pola zona pasaba a ''[[Vía Nova]]'', calzada romana que unía [[Braga]] a [[Astorga]], vía XVIII do [[itinerario de Antonino]]. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a ''Mansio Praesidium''<ref>[https://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:p7Yk_mmBPcoJ:www.uaum.uminho.pt/edicoes/revistas/ca_II_12_13/CA%252012_13%2520Mansiones%2520y%2520mutationes%2520en%2520la%2520Via%2520Nova.pdf+Mansion+Praesidium&hl=es&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESg3KsOtGnRGK-U2KxELtYBAWGHmZxDSZiXWyZ_lhmJslhJsprI_v6yjVwYz-eGMUp00ihkSKh9YSNgn4wvYMcv-2QPxMN6vV8vgnkM-ONytEjsTveo-JY50K0D3sYOXuaB8I7BK&sig=AHIEtbTYmd-LzW97jZ-sx75LxZIBmczsHQ Rodríguez Colmenero, Antonio: "Mansiones y mutationes en la Vía Nova" en ''Cuadernos de Arqueología'' Serie II 12-13 1995 pp.89-112]</ref> ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador [[Nerva]] no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de [[Hadriano (emperador)|Hadriano]] e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo. |
A [[romanización de Galicia]] iniciouse entre os anos [[-137|137]] e [[-19|19 a.n.e.]]. Pola zona pasaba a ''[[Vía Nova]]'', calzada romana que unía [[Braga]] a [[Astorga]], vía XVIII do [[itinerario de Antonino]]. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a ''Mansio Praesidium''<ref>[https://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:p7Yk_mmBPcoJ:www.uaum.uminho.pt/edicoes/revistas/ca_II_12_13/CA%252012_13%2520Mansiones%2520y%2520mutationes%2520en%2520la%2520Via%2520Nova.pdf+Mansion+Praesidium&hl=es&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESg3KsOtGnRGK-U2KxELtYBAWGHmZxDSZiXWyZ_lhmJslhJsprI_v6yjVwYz-eGMUp00ihkSKh9YSNgn4wvYMcv-2QPxMN6vV8vgnkM-ONytEjsTveo-JY50K0D3sYOXuaB8I7BK&sig=AHIEtbTYmd-LzW97jZ-sx75LxZIBmczsHQ Rodríguez Colmenero, Antonio: "Mansiones y mutationes en la Vía Nova" en ''Cuadernos de Arqueología'' Serie II 12-13 1995 pp.89-112]</ref> ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador [[Nerva]] no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de [[Hadriano (emperador)|Hadriano]] e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo. |
Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2018 ás 13:26
Coordenadas: 42°23′0″N 7°26′0″O / 42.38333, -7.43333
Castro Caldelas | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | caldelao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Caldelas |
Poboación | 1.222 hab. (2023)[2][3] |
Área | 87,6 km²[3] |
Densidade | 13,95 hab./km² |
Entidades de poboación | 86[4] |
Capital do concello | Castro Caldelas |
Política (2015) | |
Alcaldesa | Sara Inés Vega (PSdeG-PSOE) |
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Castro Caldelas | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 71,18% |
Na rede | |
http://www.castrocaldelas.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2016 tiña 1313 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».
Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.
Demografía
Censo total | 1.313 (2016) |
---|---|
Menores de 15 anos | 75 (5,71 %) |
Entre 15 e 64 anos | 705 (53.69 %) |
Maiores de 65 anos | 533 (40.59 %) |
Evolución da poboación de Castro Caldelas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5441 | 4934 | 4330 | 3430 | 1833 | 1572 | 1533 | 1486 | 1412 | 1376 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).
O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castaños, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.
Historia
Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do megalitismo, debido á existencia de varias mámoas no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na idade de bronce unha comunidade gravou varios petróglifos en Veiga de Sas. Da idade de ferro a cultura castrexa deixou os restos da varios poboados: o castro de Paradela, o castriño da Cerca (Serra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos tiburos.
A romanización de Galicia iniciouse entre os anos 137 e 19 a.n.e.. Pola zona pasaba a Vía Nova, calzada romana que unía Braga a Astorga, vía XVIII do itinerario de Antonino. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a Mansio Praesidium[6] ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador Nerva no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de Hadriano e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo.
Trala chegada dos suevos no século V (ano 409) e a formación do reino de Galicia, difundiuse o cristianismo por estas terras (a ribeira do Sil énchese de eremitas cristiáns que colonizan os escarpados canóns do Sil. No ano 573 créase o mosteiro de San Pedro de Rocas.
A primeira referencia escrita co nome actual da poboación data da idade media (século IX). Tense constancia da construción de dous mosteiros, o mosteiro de San Xoán de Camba (fundado no 963 por un bispo ourensán, aínda que nas ruínas hai sarcófagos datados no século VII) e o mosteiro de San Paio de Abeleda (1127). A Terra de Caldelas estivo sempre moi vinculada ás veciñas terras de Trives, sendo as dúas pertencentes ó señorío da Casa de Lemos.
Durante o século X a familia Gutier Menéndez dominou as terras de Caldelas grazas ás doazóns dos reis Sancho Ordóñez, Ramiro II e Ossino. No século XII converteuse en vila de reguengo por mor dos foros concedidos en 1172 por Fernando II e en 1228 Alfonso IX, grazas ós cales a vila comeza a vivir un gran esplendor económico e aséntase na zona unha pequena comunidade de xudeus, dos cales ficaron as súas lápidas funerarias.
En 1326 o rei Afonso XI regalouna a Pedro Fernández de Castro, pasando o territorio a pertencer á casa de Lemos. No século XVIII pasaría á casa de Alba. Desta época data o castelo de Castro Caldelas, derrubado durante a gran guerra irmandiña en agosto de 1467, por mor dos grandes abusos ós que eran sometidos os labregos, baixo o mando de Diego de Lemos, logo derrotados pola coalición señorial (a tradición oral di que o mariscal Pero Pardo de Cela estivo atacando na zona ós irmandiños resistentes), polo que os Lemos volveron ao poder, e o señor Rodrigo Enríquez Osorio fixo reconstruír o castelo, mediante a serventía (pola cal os vasalos estaban obrigados a traballar de balde para o señor feudal) e a suba de impostos (pero a veciñanza a través do concello presentou preito contra o conde na Audiencia de Valladolid, resolvéndose o caso en 1534 a favor do pobo).
O dominio da terra de Caldelas pasa no século XVIII da Casa de Lemos á casa de Alba. Moita información histórica perdeuse na guerra da independencia en 1809 o xeneral Marchand incendiou a vila e o seu castelo en represalia dun ataque das guerrillas do lugar.
A situación mudou coa desaparición do antigo réxime e a desamortización eclesiástica, as desvinculacións dos morgados, a desaparición da Monarquía Absolutista e a implantación do Liberalismo.
Festas
- Festa dos Fachós ou festa de San Sebastián - 20 de xaneiro.
- Festa dos Remedios - Dende o 6 ó 11 de setembro
Castro Caldelas na cultura popular
Vicente Risco recolle a crenza de que, na parroquia de San Pedro de Alais e pola parte de Maceda, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan [7].
Heráldica
Castro Caldelas ten escudo e bandeira de seu. A nova versión, e oficial, do escudo e da bandeira foron aprobados en 2011 no pleno do concello e referendados pola súa publicación pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2012.
A bandeira ten tres franxas verticais; "a do batente e hasta de azul, perfiladas de branco ao centro; e a terceira, do dobre de largo, de vermello cun castelo de amarelo, aberto, coa porta superada por un escudo de branco cargado de seis roeis de azul, sobre chamas de vermello perfiladas de amarelo". O castelo representa o castelo de Castro Caldelas e o señorío que sobre ela exerceron os señores de Lemos. As labaradas lembran que en 1810 o xeneral francés Loison lle prendeu lume á vila. A bordura de azul alude á tradicional devoción mariana de Nosa Señora dos Remedios[8].
Deporte
Ten un equipo de fútbol no Grupo 3 da Terceira Autonómica de Galicia, o CD Caldelao.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castro Caldelas.
-
Castro Caldelas dende o castelo.
-
Vista desde Santa Tecla do Mosteiro de San Paio de Abeleda.
-
Foro do bo burgo de Castro Caldelas, documento máis antigo escrito en galego en Galicia (século XIII).
-
Fachón da festa dos Fachós.
Parroquias
Lugares de Castro Caldelas
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro Caldelas vexa: Lugares de Castro Caldelas.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Castro Caldelas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Rodríguez Colmenero, Antonio: "Mansiones y mutationes en la Vía Nova" en Cuadernos de Arqueología Serie II 12-13 1995 pp.89-112
- ↑ Vicente Risco 1962, 368.
- ↑ Decreto 242/2011, do 15 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Castro Caldelas, Diario Oficial de Galicia, 2/1/2012.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro Caldelas |
Bibliografía
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
Outros artigos
- Foro do Burgo de Castro Caldelas - Primeiro documento en galego (1228)
- Festa dos Fachós
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |