Condado de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Casa de Lemos")
Escudo dos Condes de Lemos, emprazado sobre a porta do palacio condal de Monforte de Lemos; os seis roeles corresponden ó escudo da Familia Castro, e os lobos pasantes a dos Osorio.

Conde de Lemos é un título nobiliario galego, ligado á cidade galega de Monforte de Lemos. Nun principio, o condado de Lemos ía ligado ao de Trastámara e Sarria, e tiña carácter non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou con Pedro Álvarez Osorio.

Tradicionalmente estivo ligado á Familia Castro, segundo Manuel Murguía, unha estirpe "case real" e segundo Hermida Balado, a única liñaxe galega que puido dar lugar a unha saga real.[1] Unha das teorías que sitúan a orixe da saga de os Castro, remite aos Castro de Castroxeriz como descendentes do Rei de Galicia, Don García,[2] morto prisioneiro no castelo de Luna en 1090; Don García tivo por fillo a Fernán Ruiz De Castro que casou con María Álvarez e tiveron por fillo a Rodrigo Fernández De Castro, "O Calvo". O escudo da rama Galega dos Castro eran seis roeles de azur en campo de prata, os cales ao longo da evolución do familia fóronse complementando con outros, como os lobos desollados da familia Osorio.

"O título de Lemos tivo un lustre e unha consideración que ningunha outra Casa da grandeza excedeu e que só as maiores igualaron". (F. Fdz. De Bethencourt).

"eu non son dos que, o Rei, Señor, trata como Grandes, senón que son Grande e tan antigo como non hai en Castela" (I Conde De Lemos)

" A vosa maxestade é dono de mandar cubrir na súa real presenza a quen lle parecer, pero a grandeza dos Condes de Lemos fixérona Deus e o tempo" (XI Conde de Lemos a Felipe V)

Os persoeiros máis relevante da saga son Pedro Fernández De Castro e Andrade, VII Conde de Lemos, e Fernán Ruiz de Castro, Toda a lealdade de España.

Relación de Condes de Lemos[editar | editar a fonte]

Condado de Lemos, Trastámara e Sarria, de carácter non Hereditario. Primeira rama dos Castro[editar | editar a fonte]

  • Albar Núñez Osorio, I conde de Lemos, Trastámara e Sarria, privado do Rei Afonso XI. Afonso XI confiscalle os condados a Alvar e entrégallos ao seu fillo bastardo, Enrique.
  • Enrique Enríquez de Castela, II Conde de Lemos, Trastámara e Sarria; máis tarde Rei de Castela e León, como Enrique II de Trastámara, dando lugar á dinastía de Trastámara. En 1366, o seu medio-irmán, o Rei Pedro I O Cruel, confisca os seus estados galegos, e concédellos a Fernán Ruiz De Castro.
  • Fadrique Enríquez De Castela, tamén chamado, Fadrique Enríquez de Castela e Castro. En 1429 Juan II confiscalle todos os seus bens e títulos, falecendo en 1430, prisioneiro no castelo de Peñafiel. A súa irmá Beatriz Enríquez De Castro, loitou por recuperar os seus bens e títulos, e casando co seu sobriño, Pedro Álvarez Osorio, Señor de Cabrera e Ribeira, matrimonio que á que lle é outorgada a graza de devolver o título confiscado, e xa con carácter hereditario.

Condado de Lemos, con carácter hereditario. Segunda rama dos Castro e os Osorio[editar | editar a fonte]

  • Pedro Álvarez Osorio (? - 1483), I Conde de Lemos. O seu matrimonio con Beatriz Enríquez De Castro levou a concesión do condado de Lemos, anteriormente ligado ao de Trastámara e Sarria, con carácter hereditario e perpetuo, por real carta de Henrique IV, datada en Sevilla, o 26 de xuño de 1456 e dirixida á Casa De Lemos.
  • Francisco Ruiz de Castro, Andrade e Portugal (1582 - ?), VIII conde de Lemos, V Marqués de Sarria. En 1629, renuncia a todos os seus títulos e posesións e ingresa como monxe beneditino no Mosteiro de Sahagún, co nome de Frei Agustín de Castro.
  • Ginés Miguel María da Concepción Ruiz De Castro Andrade E Portugal Osorio(1666 - ?), XI conde de Lemos, IX conde de Vilalba e VIII marqués de Sarria, que faleceu sen descendencia e cuxo liñaxe pasou á súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.
  • Rosa María de Castro e Centurión (? - 1772). XII Condesa de Lemos, Grande de España e IX Marquesa de Sarria, falece en 1722 sen descendencia. Tras disputas hereditarias entre ramas da familia, o título pasa ao seu sobriño, o Dúque de Béjar.
  • Joaquín Lòpez De Zúñiga, Sotomayor e Castro (1715 - 1777), XIII Conde de Lemos, Grande de España e X Marqués de Sarria. Falece sen descendencia, e co extínguese a "Casa de Castro" como hereditaria do Condado de Lemos, que pasa xunto ao Marquesado de Sarria á rama parental máis próxima, a Casa de Berwick e Alba.

Paso do título á Casa de Berwick e Alba[editar | editar a fonte]

  • James Francis Edward Fitz-James Stuart e Ventura Colón de Portugal (1718-1785), XIV conde de Lemos, XI marqués de Sarria, III duque de Berwick e grande de España; herda o título ao ser o cuarto neto de Fernando Ruiz de Castro e Portugal (irmán do VII e VIII condes de Lemos). Casa o 26 de xullo de 1738 con María Teresa da Silva e Álvarez de Toledo, filla dos duques de Alba.
  • Carlos Fitz-James Stuart e Silva (1752-1787), XV conde de Lemos, XII marqués de Sarria e grande de España. Casa o 15 de setembro de 1771 con Carolina Augusta Stolberg e Hornes.
  • Jacobo Fitz-James Stuart e Stolberg (1773-1794), XVI conde de Lemos, XIII marqués de Sarria, III duque de Berwick e grande de España.
  • Jacobo Fitz-James Stuart e Silva (1791-1794), XVII conde de Lemos, XIV marqués de Sarria, IV duque de Berwick e grande de España. Faleceu aos 3 anos.
  • Carlos Miguel Fitz-James Stuart e Silva (1794-1835), XVIII conde de Lemos, XV marqués de Sarria, V duque de Berwick, XIV duque de Alba e grande de España.
  • Jacobo Luis Fitz-James Stuart e Ventimiglia (1821-1881), XIX conde de Lemos, XVI marqués de Sarria, VI duque de Berwick, XIV duque de Alba e grande de España. Casa con Francisca de Palafox Portocarrero, IX condesa de Montijo, irmá da emperatriz Eugenia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martinez García, Mónica "Pedro Fernández de Castro, O Gran Conde de Lemos", Santiago de Compostela, 2005.ISBN 84-453-3763-7
    (...) Este hecho adquiere una mayor relevancia por la excepcional importancia nobiliaria y social de una linaje que Murguía califica de "Dinastía real" y a la que Hermida Balado considera como la única que pudo en su momento aspirar en Galicia a la formación de un reinado propio.(p.11)
  2. Vázquez, Germán "Historia de Monforte y su Tierra de Lemos".ISBN 84-241-9865-4
    El tronco de toda la Casa de Castro es don Fernando o don Fernán Ruiz de Castro, señor de Castrogeriz por su matrimonio con doña María Álvarez, señora de aquella villa burgalesa. Don Fernando, que vivió a fines del siglo XI, de ignorado pero de regio abolengo, fue tenido por hijo ilegítimo del rey de Navarra. Otros genealogistas, entre ellos Salazar y Castro, Y Pellicer, lo consideran hijo de Don García, infante de Castilla, rey de Galicia y Portugal, hermano menor del emperador Alfonso VI.(p.202)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]