Diego de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego de Lemos
 Galicia
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Diego de Lemos,[1] Señor de Sober, Amarante e Ferreira,[2] nado en lugar e data descoñecidos e finado en Ferreira de Pantón en 1492,[3][4] foi un aristócrata galego da nobreza media, dirixente irmandiño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diego de Lemos derrubou o Castelo de Castro Caldelas, despois reconstruído.

Fillo de Alonso López de Lemos e Balboa, señor de Sober e Pantón, no ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, comandou xunto a Pedro Osorio e Afonso de Lanzós un exército de fidalgos e campesiños que conseguiu devastar numerosas fortalezas, principalmente da casa de Andrade.

Acudiu a Pontedeume en axuda de Afonso de Lanzós, pero este fuxira, e Pedro Madruga invitouno a abandonar a loita.[2][4]

O seu sepulcro está no Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]