Condado de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Lemos
Primeiro titularAlbar Núñez Osorio
ConcesiónAfonso XI de Castela
Liñaxes
  • Actual titularCarlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo
    Escudo dos Condes de Lemos, insculpido sobre a porta do palacio condal de Monforte de Lemos; os seis besantes corresponden ó escudo da familia Castro, e os lobos pasantes á dos Osorio.

    Conde de Lemos é un título nobiliario galego, ligado á cidade galega de Monforte de Lemos. Nun principio, o condado de Lemos ía ligado ao de Trastámara e Sarria, e tiña carácter non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou con Pedro Álvarez Osorio.

    Tradicionalmente estivo ligado á familia Castro, segundo Manuel Murguía, unha estirpe "case real" e segundo Hermida Balado, a única liñaxe galega que puido dar lugar a unha saga real.[1] Unha das teorías que sitúan a orixe da saga dos Castro, remite aos Castro de Castroxeriz como descendentes do rei de Galicia, García de Galicia,[2] morto prisioneiro no castelo de Luna en 1090; García de Galicia tivo por fillo a Fernán Ruiz de Castro que casou con María Álvarez e tiveron por fillo a Rodrigo Fernández de Castro, "O Calvo". O escudo da rama galega dos Castro eran seis besantes de azur en campo de prata, os cales ao longo da evolución do familia fóronse complementando con outros, como os lobos esfolados da familia Osorio.

    "O título de Lemos tivo un lustre e unha consideración que ningunha outra Casa da grandeza excedeu e que só as maiores igualaron". (F. Fdz. De Bethencourt).

    "eu non son dos que, o Rei, Señor, trata como Grandes, senón que son Grande e tan antigo como non hai en Castela" (I Conde De Lemos)

    " A vosa maxestade é dono de mandar cubrir na súa real presenza a quen lle parecer, pero a grandeza dos Condes de Lemos fixérona Deus e o tempo" (XI Conde de Lemos a Filipe V)

    Os persoeiros máis relevante da saga son Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII Conde de Lemos, e Fernán Ruiz de Castro, alcumado "Toda a lealdade de España".

    Relación de Condes de Lemos[editar | editar a fonte]

    Condado de Lemos, Trastámara e Sarria, de carácter non hereditario. Primeira rama dos Castro[editar | editar a fonte]

    • Álvar Núñez Osorio, I conde de Lemos, Trastámara e Sarria, privado do rei Afonso XI. Afonso XI confiscoulle os condados a Álvar e entregoullos ao seu fillo bastardo, Henrique.
    • Henrique Henríquez de Castela, II Conde de Lemos, Trastámara e Sarria; máis tarde rei de Castela e León, como Henrique II de Trastámara, dando lugar á dinastía de Trastámara. En 1366, o seu medio-irmán, o rei Pedro I O Cruel, confisca os seus estados galegos, e concédellos a Fernán Ruiz de Castro.
    • Fernán Ruiz de Castro Toda a Lealdade de España, III Conde de Lemos, Trastámara e Sarria, fillo do primeiro señor xurisdicional de Monforte De Lemos, Pedro Fernández de Castro O da Guerra.
    • Pedro Henríquez de Castro, IV Conde de Lemos, Trastámara e Sarria e condestable de Castela.
    • Fadrique Henríquez de Castela, tamén chamado Fadrique Henríquez de Castela e Castro. En 1429 Xoán II confiscoulle todos os seus bens e títulos. Falece en 1430, prisioneiro no castelo de Peñafiel. A súa irmá, Beatriz Henríquez de Castro, loitou por recuperar os seus bens e títulos; casou co seu sobriño, Pedro Álvarez Osorio, señor de Cabrera e Ribeira, matrimonio a quen se lle devolve o título confiscado, xa con carácter hereditario.

    Condado de Lemos, con carácter hereditario. Segunda rama dos Castro e os Osorio[editar | editar a fonte]

    Paso do título á Casa de Berwick e Alba[editar | editar a fonte]

    • James Francis Edward Fitz-James Stuart e Ventura Colón de Portugal (1718-1785), XIV conde de Lemos, XI marqués de Sarria, III duque de Berwick e grande de España; herda o título ao ser o cuarto neto de Fernando Ruíz de Castro e Portugal (irmán do VII e VIII condes de Lemos). Casa o 26 de xullo de 1738 con María Teresa da Silva e Álvarez de Toledo, filla dos duques de Alba.
    • Carlos Fitz-James Stuart e Silva (1752-1787), XV conde de Lemos, XII marqués de Sarria e grande de España. Casa o 15 de setembro de 1771 con Carolina Augusta Stolberg e Hornes.
    • Jacobo Fitz-James Stuart e Stolberg (1773-1794), XVI conde de Lemos, XIII marqués de Sarria, III duque de Berwick e grande de España.
    • Jacobo Fitz-James Stuart e Silva (1791-1794), XVII conde de Lemos, XIV marqués de Sarria, IV duque de Berwick e grande de España. Faleceu aos 3 anos.
    • Carlos Miguel Fitz-James Stuart e Silva (1794-1835), XVIII conde de Lemos, XV marqués de Sarria, V duque de Berwick, XIV duque de Alba e grande de España.
    • Jacobo Luis Fitz-James Stuart e Ventimiglia (1821-1881), XIX conde de Lemos, XVI marqués de Sarria, VI duque de Berwick, XIV duque de Alba e grande de España. Casa con Francisca de Palafox Portocarrero, IX condesa de Montijo, irmá da emperatriz Eugenia.
    • Carlos María Fitz-James Stuart e Portocarrero (1849-1901), XX conde de Lemos, XVII marqués de Sarria, VII duque de Berwick, XVI duque de Alba e grande de España.
    • Jacobo Fitz-James Stuart e Falcó (1878-1953), XXI conde de Lemos, XVIII marqués de Sarria, XVII duque de Alba, VIII duque de Berwick e grande de España.
    • María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart e de Silva (1926-2014), XXII condesa de Lemos, XIX marquesa de Sarria, IX duquesa de Berwick, XVIII duquesa de Alba e outros títulos, dezasete veces grande de España.
    • Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo (1948- ), XXIII conde de Lemos, X duque de Berwick, XIX duque de Alba e outros títulos, todos eles con grandeza de España.[3]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Martinez García, Mónica "Pedro Fernández de Castro, O Gran Conde de Lemos", Santiago de Compostela, 2005.ISBN 84-453-3763-7
      (...) Este hecho adquiere una mayor relevancia por la excepcional importancia nobiliaria y social de una linaje que Murguía califica de "Dinastía real" y a la que Hermida Balado considera como la única que pudo en su momento aspirar en Galicia a la formación de un reinado propio.(p.11)
    2. Vázquez, Germán "Historia de Monforte y su Tierra de Lemos". ISBN 84-241-9865-4
      El tronco de toda la Casa de Castro es don Fernando o don Fernán Ruiz de Castro, señor de Castrogeriz por su matrimonio con doña María Álvarez, señora de aquella villa burgalesa. Don Fernando, que vivió a fines del siglo XI, de ignorado pero de regio abolengo, fue tenido por hijo ilegítimo del rey de Navarra. Otros genealogistas, entre ellos Salazar y Castro, Y Pellicer, lo consideran hijo de Don García, infante de Castilla, rey de Galicia y Portugal, hermano menor del emperador Afonso VI.(p.202)
    3. "Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo ya es el 19º duque de Alba". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xuño de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2016. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]