Camba, Castro Caldelas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Camba.
Camba | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xoán de Camba. | |
Concello | Castro Caldelas[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 80 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Camba é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 80 habitantes, deles 43 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
En terras desta parroquia existiu o antigo mosteiro de San Xoán de Camba, fundado polo bispo Diego I (942-958) a mediados do século X. Os únicos restos materiais deste mosteiro son tres pezas que conserva o Museo Arqueolóxico de Ourense: unha ventá xeminada e dous relevos figurados[2].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Arqueoloxía prerrománica e Medieval Arquivado 26 de setembro de 2010 en Wayback Machine., na web do Museo de Ourense.