Pedro Fernández de Castro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Retrato do século XVII de Pedro Fernández de Castro. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1290 |
Morte | 1343 Alxeciras |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes |
Mordomo maior do rei de Castela | |
Adelantado mayor de Murcia (en) | |
Adelantado mayor de la frontera de Andalucía (en) | |
Pertegueiro maior de Santiago | |
Datos persoais | |
Outros nomes | "O da guerra" |
País de nacionalidade | Reino de Galiza |
Actividade | |
Ocupación | Aristócrata e militar |
Familia | |
Familia | Casa de Castro |
Cónxuxe | Beatriz de Portugal, Isabel Ponce de León e Aldonça Suarez de Valadares (sen matrimonio). |
Parella | Aldonza Lourenzo de Valadares |
Fillos | Inés de Castro, Xoana de Castro, Fernán Ruiz de Castro e Alvar Peres de Castro. |
Pais | Fernando Rodrigues de Castro e Violante Sánchez of Castile |
Irmáns | Xoana Fernández de Castro |
Pedro Fernández de Castro, finado no sitio de Alxeciras en 1343[1], foi un nobre galego do século XIV señor da casa de Lemos. Desde 1328 foi Pertegueiro Maior da terra de Santiago e encomendeiro do bispado de Lugo, en 1331 é nomeado Adiantado Maior do Reino de Galiza. Recibiu de Afonso XI a vila de Monforte de Lemos co seu señorío e o título de Mordomo Maior do Rei no 1332, no 1333 recibe tamén a titulación de Adiantado Maior da Fronteira de Andalucia.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao morrer seu pai Fernando Rodríguez de Castro, é enviado a Portugal, onde se cría xunto ao infante Afonso IV. Tras a súa crianza regresa a Galiza, poñéndose ao coidado da facenda herdada no ano 1319.
Despois foi nomeado mordomo maior da corte castelá. Casou primeiro con dona Beatriz de Portugal, con quen non tivo descendentes. Desposou logo á señora de Villanueva de los Infantes, Castrelo y Espinosa, dona Isabel Ponce de León, enxendrando a Fernán Ruiz de Castro “Toda a lealdade de España” e Xoana de Castro “a desamada”.
Da súa unión extramatrimonial coa dama portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares tivo dúas fillas e un fillo:
A súa sepultura atópase no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Armesto, Victoria (1969). Galicia Feudal. Galaxia. p. 309. ISBN 8471541874.
- ↑ "Xenealoxia da linaxe Castro de Lemos s.XII-XIV". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 22/02/2018.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |