Mosteiro de San Paio de Abeleda
Mosteiro de San Paio de Abeleda | |
---|---|
Vista do mosteiro | |
País | España |
Localización | San Paio de Abeleda (Castro Caldelas) |
Coordenadas | 42°23′22″N 7°26′55″O / 42.38944444, -7.44861111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.[1]
Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.
A igrexa
[editar | editar a fonte]A igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.
A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios.
No ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de San Paio de Abeleda.
-
Vista desde Santa Tecla
-
Unha das fachadas
-
Portada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ San Paio de Abeleda en Proxecto ARGA.
- ↑ "Rouban os seis retablos do antigo mosteiro de San Paio de Abeleda" Arquivado 05/07/2015, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 11 de xullo de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duro Peña, E. (1989): El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda. Anuario de Estudios Medievales.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mosteiro de San Paio de Abeleda na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.