Colin M. Kraay
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1918 Metropolitan Borough of Hampstead, Reino Unido (en) |
Morte | 27 de xaneiro de 1982 (63 anos) Oxford Inglaterra |
24º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1970 – 1974 ← Derek Allen – Robert Carson → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Presidente da RNS. - Conservador do Museo Ashmolean. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Premios | |
- (1980): Medalla da Royal Numismatic Society. - (1973): Medalla Huntington, da ANS. |
Colin Mackennal Kraay, nado en Hampstead, Londres, o 23 de marzo de 1918, e finado en Oxford, o 27 de xaneiro de 1982, foi un numismático británico.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kraay, logo da súa educación secundaria no Lancing College, en West Sussex, cursou os seus estudos universitarios de Ciencias da Antigüidade a partir de 1937 no Magdalen College, da Universidade de Oxford. Logo de acadar o primeiro grao en 1939, colaborou con Alan Wace nas escavacións de Micenas. [1]
O seu período de formación interrompeuse pola II guerra mundial, na que tivo que participar nas forzas armadas do Norte de África e en Italia. Acabada a guerra, entre 1946 e 1947 puido retomar os seus estudos en Oxford, onde en 1953 presentou a súa tese The aes coinage of Rome and its subsidiary mint in the West, A.D. 68-81. En 1948 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Ashmolean, dependente da mesma universidade, como responsable de moeda da Antiga Grecia na coñecida como Heberden Coin Room. Entre 1975 e 1982 ocupou alí o posto de conservador.[1]
Kraay dedicouse inicialmente á moeda da Antiga Roma, aínda que o seu contacto coa moeda grega nas coleccións do Museo Ashmolean fixo que pasase a sentirse máis interesado nela. En 1976 publicou un resumo sobre o seu traballo coas moedas gregas dos períodos arcaico e clásico, e en 1974, xunto con Margaret Thompson e Otto Mørkholm, publicou An Inventory of Greek Coin Hoards, a obra de referencia para os tesouros gregos.[1]
Entre 1970 e 1974 foi o presidente da Royal Numismatic Society, de Londres.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1978: Medalla da Royal Numisatic Society.[3]
- 1978: Membro electo da Academia Británica.[1]
- 1980: Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- (1956): The Aes coinage of Galba. American Numismatic Society. Nova York.
- (1956): Archaic and classical Greek coins. University of California Press. [Reimpresión: Londres, 1976. ISBN 978-0915262755]
- (1962): Die Münzfunde von Vindonissa (bis Trajan). Birkhäuser. Basilea.
- (1966): Greek coins. Thames and Hudson. Londres. ISBN 978-0500160107
- (1968): Coins of ancient Athens. Corbitt and Hunter, Newcastle upon Tyne. ISBN 978-0900309090
- (1969): Greek coins and history. Some current problems. Methuen. Londres. ISBN 978-0389010654 [5]
- (1973): An Inventory of Greek Coin Hoards (con M. Thompson e O. Mørkholm). American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-068-2
- (1984): The archaic coinage of Himera. Centro internazionale di studi numismatici. Nápoles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sutherland, C. H. V. (1982).
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Recensión da obra. The American Historical Review.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gill, D. (2004). "Kraay, Colin Mackennal". En The Dictionary of British Classicists. Bristol. ISBN 978-1855069978
- Le Rider, G. et al. (1989). Kraay-Mørkholm essays. Numismatic studies in memory of C. M. Kraay and O. Mørkholm. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art. Louvain-La-Neuve.
- Sutherland, C. H. V. (1982). "Kraay, Colin Mackennal, 1918-1982". En Proceedings of the British Academy. Vol. 68. Páxinas 591-605. ISBN 978-0-19-726025-8
Predecesor: Derek Allen |
Presidente da Royal Numismatic Society 1970 - 1974 |
Sucesor: Robert Carson |