Saltar ao contido

Proceedings of the British Academy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Proceedings of the British Academy
 Título
Proceedings of the British Academy Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Temática
 Tema principal
Publicación
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
1905 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISSN0068-1202 Editar o valor en Wikidata
VIAF123149066600665601975 Editar o valor en Wikidata
OCLC1772818 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qzb8k Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4306524009 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Proceedings of the British Academy é unha serie de publicacións académicas sobre asuntos relativos ás humanidades e ás ciencias sociais, editada desde 1905, baixo os auspicios da Academia Británica. [1]

A serie comezou a publicarse en 1905 e tivo unha periodicidade anual ata 1927.[1]

Ata 1991, os volumes publicados consistían maioritariamente en textos de conferencias pronunciadas dentro das actividades da Academia Británica, así como obituarios e memorias biográficas dos membros da institución que ían falecendo. Mais a partir de 1992 os Proceedings convertéronse nunha serie carente de regularidade, con volumes constituídos por colleitas temáticas de artigos, derivados das conferencias pronunciadas na Academia.

Desde o curso 2011-2012, a publicación destes textos de conferencias trasladouse ao novo Journal of the British Academy, accesible en liña a través de Internet, en tanto que a sección de obituarios se transferiu á nova serie independente chamada Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy.[2][3] Como resultado desta reconstitución, a serie Proceedings of the British Academy pasou a centrarse desde ese momento na publicación de ensaios temáticos de carácter monográfico.

A serie foi publicada desde os seus inicios por Oxford University Press en nome da Academia Británica.[4] A partir de 2012, o contido dos volumes que a constitúen tamén se inclúe en British Academy Scholarship Online.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]