Época arcaica
Historia de Grecia | |
---|---|
Grecia prehelénica | |
Prehistoria de Grecia | |
-3200 | Civilización cicládica |
-2700 | Civilización minoica |
-1550 | Civilización micénica |
Grecia antiga | |
-1200 | Idade escura |
-800 | Época arcaica |
-510 | Época clásica |
-323 | Época helenística |
-146 | Grecia romana |
Grecia medieval | |
330 | Imperio bizantino |
1202 | Cuarta cruzada |
1453 | Grecia otomana |
Grecia contemporánea | |
1799 | República das sete illas |
1822 | Guerra de independencia |
1832 | Reino de Grecia |
1936 | Réxime do 4 de agosto |
1941 | Ocupación |
1946 | Guerra civil |
1967 | Ditadura dos coroneis |
1974 | República helénica |
A época arcaica é unha etapa da historia da Grecia antiga, que abrangue aproximadamente entre os anos 750 e 500 ane. Nela opéranse grandes transformacións que poñen os alicerces da civilización grega. Comezan a cobrar conciencia da súa raíz común, e se dan o nome de helenos, chega ao alfabeto definitivo, aínda que as diferenzas dialectais eran moi grandes.
Este é o nome con que a historiografía distingue a etapa na que a Hélade saíu do período anterior (a Época Escura, caracterizada pola distribución do espazo helénico entre tribos[1] indoeuropeas que falaban distintas variantes da futura lingua grega -aqueos, xonios,[2] dorios, eolios, arcadios, superpostos sobre os prehelénicos pelásxicos-, que introduciron a Idade de Ferro no medio dunha total ausencia de fontes escritas e unha drástica ruptura cultural fronte á civilización micénica, cuxo fin segue sendo obxecto de debate) e conformáronse os trazos da civilización grega, que quedará plenamente cristalizada na posterior Época Clásica. Entre os séculos -VIII e -VI desenvolvéronse as cidades estado gregas ou polis (en grego, singular polis -πολις- e plural poleis -πόλεις-), que mesmo se expandiron por todo o Mediterráneo mediante a colonización. A pesar da súa gran fragmentación política, os gregos foron construíndo unha identidade común fronte a outros pobos da Antigüidade, da que adquiriron unha conciencia vigorosa, evidenciada nas súas manifestacións culturais e artísticas e nunha peculiar cosmovisión que se interpretou como tensión entre o apolíneo e o dionisíaco.
Convencionalmente o inicio da época arcaica establécese na primeira Olimpíada (Ὀλυμπιάς, cómputo do tempo en períodos de catro anos que comezan coa celebración os primeiros Xogos Olímpicos, -776); mentres que o final o marca a Revolta de Xonia (-499), cando os gregos da costa de Asia Menor pediron a axuda das cidades de Grecia continental para frear a expansión do Imperio persa, o que desembocou nas Guerras Médicas (-492 - -490 e -480 - -479).
Antes da Época Arcaica os gregos habitaban en pequenas comunidades agropecuarias illadas polo accidentado do seu medio físico: callado de vales no interior, e cun litoral recortado, atestado de cabos, golfos e illas. A pesar da pobreza do chan e da aridez, déronse crecementos demográficos e progresos socioeconómicos que impulsaron ás pequenas aldeas orixinarias a se uniren en entidades de maior tamaño. Este proceso, chamado synoikismos (συνοικισμóς -"cohabitación", "compartir o oikos", a "casa"-), deu lugar ao nacemento das polis. Ao mesmo tempo, establecíanse lugares de culto relixioso, compartidos por comunidades moito máis afastadas entre si, mediante anfictionía (αμφικτιονία -"construír xuntos"-); o que foi conformando prácticas políticas para todo tipo de relacións, pacíficas e hostís, como a simmachia (συμμαχια -"loitar xuntos"-), a koinón (κοινόν -"común"-, traducido habitualmente como "liga"),[3] a hexemonía (ἡγεμονία), o equilibrio de potencias, a política de bloques etc.
Paralelamente, a presión demográfica e a prosperidade económica mal repartida provocaron unha conflitividade social que tivo, basicamente, dúas válvulas de escape: a colonización do Mediterráneo e as reformas socio-políticas internas protagonizadas por lexisladores e tiranos.
Tras séculos de esquecemento da escritura lineal micénica, os gregos volveron ser un pobo histórico ao adoptar o alfabeto fenicio e adaptalo ao seu idioma co alfabeto grego, cuxos primeiros testemuños aparecen cara ao -740 (Copa de Néstor, Inscrición do Dipilon).[4] A partir de poesía oral que ten as súas raíces en séculos anteriores, nesta época compuxéronse por escrito as principais creacións da literatura grega: os dous poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea (cuxa autoría e situación temporal foron obxecto de debate dende a Antigüidade, e aínda o seguen a ser), que fixaron os mitos ancestrais dos heroes da Idade de Bronce, en textos que non se remataron de canonizar ata o século -VI (probabelmente por iniciativa de Pisístrato)[5][6] e cuxa difusión foi crucial para a conformación da civilización grega no seu conxunto, e para a pervivencia desta na civilización occidental.
A colonización do Mediterráneo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Colonizacións gregas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tribo" é un termo latino, utilizado para a organización sociopolítica romana; que se aproxima ao uso que tiña a institución e a palabra grega phylé, fylé o phulē (φυλή -"raza", "pobo"-), do verbo fyeszai ou phuesthai (φύεσθαι "descender de", "ter orixe en"). "Clan" adoita ser a tradución da palabra grega genos (γένος -"especie", "raza", "familia", "nacemento"-), que denominaba a unha institución política clave nas polis aristocráticas. Tamén existía unha institución intermedia entre o genos e a phyle: a fratría (φρατρία -"irmandade"-). As reformas de Clístenes desvirtuaron a súa condición de agrupacións baseadas no parentesco substituíndoas polas agrupacións baseadas na veciñanza: trittyes (τριττύες, plural de trittys, τριττύς -"trixésima"-) e demoi (δήμοι, plural de demos, δημος -"pobo"-). A antropoloxía reutilizou o termo "tribo" para a categorización dun tipo de sociedade no que a relación de parentesco estrito, propia dunha sociedade máis primitiva (sociedade clánica), se amplía ao parentesco teórico, ou descendencia dun presunto antepasado común, propia das sociedades máis evolucionadas (sociedade tribal ou patriarcal); aínda que menos sofisticada que as sociedades urbanas, sociedades complexas ou civilizacións, fronte ás que serían aínda estadio cultural primitivo denominado "barbarie". Tales termos quedaron obsoletos na antropoloxía actual, pero seguen sendo explicativos da imaxe que os gregos, desde finais da época arcaica, tiñan de si mesmos como sociedade que estaba a construírse como civilización, fronte a outras sociedades percibidas como "o outro" (bárbaroi βάρβαροι -"estranxeiro", "o que non fala grego", "o que balbucea"-), noutros estadios de evolución cultural. A oposición civilización / barbarie, paralela á de techne / physis (τέχνη / φύσις -"técnica", "arte" ou "cultura" / "natureza"-) e a a de cosmos / caos (κόσμος / χάος -"orde" / "desorde"-),é de feito un tópico cultural na Antiga Grecia, visíbel en numerosos mitos, frecuentemente representados na arte (como a Centauromaquia). Similar interpretación teñen as figuras dos heroes civilizadores (Prometeo, Dédalo, Heracles, Xasón, Teseo, Ulises, Edipo etc. -dotan á humanidade de recursos, abren camiños ou os despexan de obstáculos ou monstros-) e os heroes epónimos (os fundadores míticos das tribos ou as polis -na Ágora de Atenas, fronte ao Bouleuterion levantábase o monumento dos heroes epónimos-). A oposición entre o natural (physikón φυσικών) e o artificial (technitón τεχνητών) é tamén a do natural e o convencional (nomos νόμος -"lei"-, en canto este concepto, antes sagrado -Nomos como daimon ou aspecto de Zeus- se seculariza e relativiza), e se constituirá nun dos temas principais da filosofía grega, por exemplo, na lenda do Anel de Xixes (Platón, A República), ou na misión que se autoimpuxo Dióxenes de Sinope (parakháraxis -palabra que significa tanto "falsificar a moeda" como "cambiar a constitución"-[1]); pero xa na época clásica (séculos -V e -IV). O orgullo cívico que se forxou durante a época arcaica implicaba para os gregos, ou polo menos para unha porcentaxe considerabelmente significativa deles (os varóns libres que gozaban da cidadanía en certas polis), a conciencia de ser protagonistas por si mesmos e pola súa polia (e non tanto pola súa orixe familiar) do seu destino persoal e social (un destino que a interpretación literaria dos mitos representaba como unha tensión entre a vontade do heroe e a súa ananké - ανάγκη, o fatum latino-). Dependendo menos da súa fortuna (tyche τύχη) que do seu esforzo, habilidade ou virtude (areté αρετή), e especialmente do mantemento da solidariedade cos seus concidadáns (a que manifestaba o hoplita, sen romper as filas, gardando co seu propio escudo o flanco do hoplita da súa esquerda, confiando en que o propio era gardado polo hoplita da súa dereita); ese destino podía sobrepoñerse fronte á natureza, os deuses, os homes poderosos ou as entidades políticas exteriores ao espazo grego. A súa condición pode cualificarse de liberdade, unha situación que nunca se dera con anterioridade (Anderson, op. cit., px.). Para expresar ese ideal non utilizaban tanto a palabra eleutheria ἐλευθερία ("liberdade" -en:Eleutheria-) como as palabras autárkheia (αὐτάρχεια -"gobernarse a si mesmo"-, que adoita traducirse por "autarquía" ou "autosuficiencia") ou autonomía (αὐτονομία -"rexerse polas súas propias leis"), e expresións como Nomos Basileus (Νόμος βασιλεύς -"a lei é o rei"-, frase de Píndaro divulgada por Platón en Gorxias).
- ↑ J.A.R Munro. "Pelasgians and Ionians". The Journal of Hellenic Studies, 1934 (JSTOR). Fonte citada en en:Ionians
- ↑ Termo que designaba a moi distintas alianzas: Liga Xónica (século -VII), Liga Beocia, Liga do Peloponeso (século -VI), Liga de Delos (xa en época clásica, -477 ou a peculiar koinón dos aeinautai de Mileto -Ἀειναῦται (sobre o -600 )
- ↑ Powell, B. (1988), "The Dipylon Oinochoe Inscription and the Spread of Literacy in 8th Century Athens", Kadmos 27: 65–86. Fonte citada en en:Dipylon inscription
- ↑ García Iglesias, op. cit. p. 238.
- ↑ Signes, op. cit., px. 363 e ss.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Época arcaica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perry Anderson, Transiciones de la Antigüedad al feudalismo [1974], Madrid: Siglo XXI, 1986, ISBN 84-323-0355-0
- John Beazley, The development of Attic black-figure, University of California Press, 1986, ISBN 0520055934 [edición orixinal, 1951]
- Attic Black-Figure Vase-Painters, Oxford 1956
- John Boardman, Griffin Jaspers e Oswin Murray, Grecia en Historia Oxford del mundo clásico, Madrid: Alianza, 1988, ISBN 8420652938
- Jacques Brunschwig e Geoffrey Lloyd, Diccionario del saber griego, Akal, 2000, ISBN 8446012456
- Paul Cartledge, Los espartanos, Ariel, 2009, ISBN 84-344-8793-4
- Georges Duby, Atlas histórico mundial [Larouse, 1987], Barcelona: Debate, 1989, ISBN 84-7444-349-0 [edición orixinal, Atlas Historique, París: Larousse, 1987]
- Fernando Echeverría Rey, Ciudadanos, campesinos y soldados: el nacimiento de la pólis griega y la teoría de la revolución hoplita, Anejos de Gladius, CSIC, 2008, ISBN 8400087186
- Luis García Iglesias, Los orígenes del pueblo griego, Madrid: Síntesis, 2000, ISBN 84-7738-820-3
- Francisco Javier Gómez Espelosín, Historia de Grecia Antigua, Madrid: Akal, 2001, ISBN 8446014289
- W. G. Forrest, Los Orígenes de la democracia griega: la teoría política griega entre el 800 y el 400 a. C., Akal, 1988, ISBN 8476003307
- Hermann Kinder e Werner Hilgemann, Atlas histórico mundial, Madrid: Istmo, 1980, ISBN 84-7090-105-2 [10ª edición, 1ª ed. en castelán, 1970 -ed. orixinal, DTV - Atlas zur Weltgeschichte, Múnic: Deutscher Taschenbuch Verlag; edición máis recente, Akal, 2007]
- José Lorite Mena, Jenófanes y la crisis de la objetividad griega, Universidad de Murcia. Editum, 2003, ISBN 8483714264
- Ángel Montenegro e outros, La Grecia Arcaica, en Gran Historia Universal, vol. 3, Barcelona: Nájera, 1986, ISBN 84-7461-660-3
- Francisco Rodríguez Adrados, Líricos griegos. Elegíacos y yambógrafos arcaicos, Barcelona: Alma Mater, 1959
- Juan Signes Codoñer, Escritura y literatura en la Grecia arcaica, Madrid: Akal, 2004, ISBN 8446017482
- Chester Starr, Historia del mundo antiguo [1965], Madrid: Akal, 1974, ISBN 84-7333-032-6
- Jean Pierre Vernant, Mito y religión en la Grecia antigua, Ariel, 1991
- Mito y tragedia en la Grecia antigua, Paidos, 2002
- VV. AA. Diccionario Akal de Historia del Mundo Antiguo, Madrid: Akal, 1999, ISBN 84-460-1033-X
- VV. AA. Los primeros griegos, en Historia Universal, vol. 3, Madrid: Salvat, 2004 ISBN 84-345-6232-4
- VV. AA. Grecia, cuna de Occidente, Madrid: Folio, 1992, ISBN 84-7838-163-5
- VV. AA. Catálogo da exposición El color de los dioses, Museo Arqueológico Regional / Stiftung Archäeologie, Alcalá de Henares, 2009-2010, sen ISBN.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La época arcaica, en Artehistoria (en castelán).
- Época Arcaica[Ligazón morta], en Recursos CNICE (en castelán).
- Antiqua Jornadas sobre la Antigüedad, Departamento de Cultura, Juventud y Deporte, Deputación Foral de Guipúscoa, 2007 (en castelán).
- Thomas R. Martin: An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander. Apartado The Arcaic Age, con índice electrónico, Proxecto Perseus (en inglés).
Predecesor: Idade escura |
Época arcaica | Sucesor: Época clásica |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |