West Sussex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
West Sussex UK locator map 2010.svg

West Sussex[1] (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido.[2][3] Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888. Non obstante, ata 1974 en que se produciu a división real, seguiron formando un único condado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario enciclopédico galego universal: artigo West Sussex: Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.988 km²...
  2. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  3. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013.