Olimpíada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha olimpíada é o período de catro anos que media entre distintos Xogos Olímpicos. Na Grecia Antiga constituía unha unidade de medida do tempo, que servía para situar historicamente os feitos.

Na linguaxe xornalística habitual confúndese o termo olimpíada co de xogos olímpicos"", porén fan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, xa que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico.

Na actualidade (2009) atopámonos na 30ª Olimpíada da era moderna, e os Xogos Olímpicos de 2012 de Londres serán conseguintemente os Xogos Olímpicos da XXX Olimpíada. A partir do momento da súa finalización comezará a trixésimo primeira olimpíada, cuxos Xogos Olímpicos terán lugar en Río de Xaneiro (Brasil) no ano 2016. Porén, non houbo ata a data 29 Xogos Olímpicos de verán, senón unicamente 26. Os Xogos da sexta olimpíada (Berlín 1916), da duodécima (Helsinki 1940) e da decimoterceira (Londres 1944) non se chegaron a realizar por mor das guerras mundiais, pero o calendario de olimpíadas seguiu correndo.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]