Primeira Guerra Mundial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Primeira Guerra Mundial foi o segundo maior conflito do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de xoves morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovíbeis trincheiras e polo uso de gas mostaza para mingualas.
Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (as Potencias Centrais). O desencadeante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraievo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como Estados Unidos, Italia ou Xapón.
Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do transatlántico Lusitania en 1917, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña e desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa, algúns dunha soa nación Polonia e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).
Durante a Primeira Guerra Mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda Guerra Mundial.
Índice |
[editar] Bandos
A formación de dous bloques opostos é o máis característico do período de preguerra. O 1º bloque estaba constituido pola Triple Alianza (Alemaña, Austria-Hungría e Italia) O 2º bloque era a Triple Entente (R.Unido, Francia e Rusia)
[editar] Cronoloxía da Guerra
A guerra pasou por diferentes fases:
- 1ª fase: Alemaña primeiro pensaba enfrontarse a Francia para despois facelo con Rusia pero a incorporación de G.Bretaña á guerra e a capacidade de resistencia francesa (un bo exemplo é a Batalla do Marne, alí evitouse que París caese nas mans do exército alemán ) fixeron que estas previsións fallaran.
- 2ª fase: Produciuse unha situación de empate, estabilizaronse as frontes e desenvolvéronse as tácticas de defensa mediante
trincheiras. En Verdún os franceses detiveron os alemáns na batalla do Somme.
- 3ª fase: O ano 1917 foi crucial no desenvolvemento da guerra por dos feitos coetáneos:
-O derrumbamento da fronte rusa pola revolución (armisticio cos alemáns)
-A incorporación de EE.UU á guerra (Wilson quería a democracia)
[editar] Batallas clave
[editar] Condicións de paz
Artigo principal: Tratado de Versalles
[editar] Personaxes salientábeis
- Winston Churchill combateu na guerra aínda sendo deputado no parlamento británico.
- Tolkien combateu e escribiu algúns dos relatos do Silmarillion nas trincheiras.
- Rommel e Patton, alemán e americano respectivamente, combateron na guerra e foron rivais (como mariscal e xeneral) tamén na Segunda Guerra Mundial.
Os tratados de paz impuxeron fortes condicións a Alemaña e os imperios coloniais redestribuíronse. A organización da paz foi dificil. Os paises vencedores(EE.UU, Francia, Italia e G.Bretaña) abusaron, xa que non permitiron que os vencidos estivesen na mesa de negociacións.
[editar] As negociacións de paz
As negociacións de paz tiveron lugar en Paris, alí acudiron representantes duns 30 paises. O presidente Wilson(EE.UU) propuxo catorce puntos básicos para a paz pero caben destacar o establecemnto do principio das nacionalidades e a creación da Sociedade de Nacións. O francés Clemenceau tiña como obsesión debilitar a Alemaña. A principios do 19 reuniuse a conferencia de Paris, nela creouse a Sociedade de Nacións( misión: salvagardar a paz e solucionar conflictos mediante a negociación) pero o grave foi que ningunha das tres grandes potencias dos anos anteriores participaron. No tratado de Versalles se establecían as duras condicións impostas a Alemaña : amputacións territoriais, desmilitarización, pagos para compensar as perdas aliadas... Esta paz foi a orixe de numerosos conflictos (como a 2ª guerra mundial) xa que non resultou satisfactoria nin para vencedores nin para vencidos.
[editar] Pegada da Grande Guerra
| Países Aliados | Mobilizados | Mortos | Feridos | Prisioneiros de guerra |
|---|---|---|---|---|
| Rusia | 18 100 000 | 1 800 000 | 4 950 000 | 2 500 000 |
| Francia | 7 891 000 | 1 735 800 | 4 266 000 | 537 000 |
| Reino Unido | 8 904 467 | 9 083 71 | 2 090 212 | 191 652 |
| Italia | 5 612 00 | 578 000 | 947 000 | 600 000 |
| Estados Unidos | 4 263 000 | 114 000 | 234 000 | 4 526 |
| Xapón | 800 000 | 300 | 907 | 3 |
| Romania | 1 000 000 | 250 706 | 120 000 | 80 000 |
| Serbia | 750 000 | 278 000 | 133 148 | 15 958 |
| Bélxica | 365 000 | 38 716 | 44 686 | 34 659 |
| Grecia | 353 000 | 26 000 | 21 000 | 1 000 |
| Portugal | 100 000 | 7 000 | 13 751 | 12 318 |
| Montenegro | 50 000 | 3 000 | 10 000 | 7 000 |
| Total | 48 201 467 | 5 380 115 | 12 830 704 | 3 984 116 |
| Potencias Centrais | Mobilizados | Mortos | Feridos | Prisioneiros de guerra |
| Alemaña | 13 200 000 | 2 033 700 | 4 216 058 | 1 152 800 |
| Austria-Hungría | 9 000 000 | 1 100 000 | 3 620 000 | 2 200 000 |
| Turquía | 2 998 000 | 804 000 | 400 000 | 25 000 |
| Bulgaria | 400 000 | 87 500 | 152 390 | 27 029 |
| Total | 25 598 000 | 4 025 200 | 8 388 448 | 3 629 829 |
| TOTAL dos 2 bloques | 73 799 467 | 9 405 315 | 21 219 152 | 7 613 945 |
| Fontes: J. Winter, The Great War and the British People, Londres, Macmillan, 1985, chap.3. Nota: Na maior parte dos países belixerantes, os desaparecidos están contabilizados cos mortos. |
||||

