Atlanta, Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Atlanta")
Atlanta
Bandeira de Atlanta, Xeorxia
Escudo de Atlanta, Xeorxia
Bandeira Escudo
Atl skyline.JPG
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Georgia state flag.png Xeorxia
Fundación 1847
Superficie 343 km²
Poboación 420.003 (2010)
Densidade 1.552 hab./km²
Área metropolitana 5.268.860
Altitude 225 a 320 m
Alcalde Kasim Reed
Xentilicio Atlantan
Atlanta
http://www.atlantaga.gov/


Atlanta é a capital e cidade máis grande do estado de Xeorxia, Estados Unidos. É a capital do condado de Fulton, aínda que unha parte da cidade, anexionada en 1909, está no condado de DeKalb e o aeroporto está no condado de Clayton. En 2003 tiña 425.000 habitantes e coa área metropolitana 4.708.297.

[editar] Linguas

89'2% inglés, 5'9% castelán, 1'2% francés, 0'4% alemán, 0'4% chinés, 0'4% vietnamita.

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Atlanta.

O territorio da cidade de Atlanta estivo habitado polos creek e cherokee antes da chegada dos europeos. O goberno estadounidense deportou as comunidades indias a Oklahoma e o asentamento de brancos na área aumentou rapidamente e en 1845 déuselle o actual nome.

Durante a Guerra Civil Americana, Atlanta foi o escenario de varias batallas e o 1 de setembro de 1864 o exército sudista deixou a cidade e destruíron os edificios públicos despois dun asedio nordista de catro meses, o xeneral nordista William T. Sherman ordenou a evacuación dos civís o 7 de setembro e o 11 de novembro queimou a cidade.

Despois da guerra reconstruíuse a cidade, converténdose nun centro comercial e industrial. En 1996 celebráronse en Atlanta os Xogos Olímpicos de Verán.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas