Garmisch-Partenkirchen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garmisch-Partenkirchen

Garmisch-Partenkirchen é un concello arraiano e alpino de Alemaña, capital do distrito homónimo, localizado na rexión administrativa da Alta Baviera, dentro do estado libre asociado de Baviera. O concello está situado na fronteira con Austria e conta con 26.000 habitantes (datos do 2010).

A cidade e as competicións deportivas[editar | editar a fonte]

Garmisch-Partenkirchen é coñecida por ser un lugar especialmente axeitado para a práctica de deportes de inverno e foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936. O estadio Große Olympiaschanze foi o local onde se realizaron as cerimonias de apertura e clausura, ademais de acoller as competicións do salto de esquí e un dos eventos do combinado nórdico. Nas proximidades da pista foran realizadas as probas do esquí cross-country

Chegou a ser nomeada sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1940 aínda que estes nunca se chegaron a lidar por mor da Segunda Guerra Mundial. Foi a localización do Campionato Mundial de Esquí Alpino de 1978 e do 2011.

Tradicionalmente ten lugar todos os primeiros de xaneiro unha competición de saltos de esquí, dentro do Vierschanzentournee.

Garmisch-Partenkirchen é un importante destino de turismo deportivo especializado en esquí, snowboarding e sendeirismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garmisch-Partenkirchen

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]