Chamonix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°55′23″N 06°52′11″E / 45.92306°N 6.86972°E / 45.92306; 6.86972

Chamonix-Mont-Blanc
Bandeira de Chamonix-Mont-Blanc Escudo de Chamonix-Mont-Blanc
Bandeira Escudo
ValleeChamonix.jpg
País Francia
• Rexión Ródano-Alpes
• Departamento Alta Savoia
• Distrito Bonneville
• Cantón Chamonix-Mont-Blanc
Localización  
• Altitude 995–4.810 msnm
Superficie 245,46 km²
Poboación 9.514 hab. (2006)
• Densidade 39 hab./km²
Alcalde Éric Fournier
(2008–14)
Código Postal 74400
Sitio web chamonix-mont-blanc.fr

Chamonix-Mont-Blanc, ou máis comunmente Chamonix, é unha comuna no departamento de Alta Savoia na rexión de Ródano-Alpes, no sueste de Francia. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924, os primeiros Xogos de Inverno. A poboación da comuna é de 9.086 habitantes, ocupando o posto 865 do país.[1]

Situado preto do macizo de picos das Agullas Vermellas, Chamonix alberga o cumio do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Courmayeur en Italia, e posúe o título da comuna máis alta de Francia. A comuna é ben coñecida e querida polos esquiadores e amantes da montaña. O Mont Blanc, cunha altitude de 4.810 metros, é o terceiro lugar natural máis visitado do mundo.[2] Cunha superficie de 245 quilómetros cadrados, Chamonix é a cuarta comuna máis grande da Francia continental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Asentamentos[editar | editar a fonte]

O municipio de Chamonix inclúe 16 vilas e aldeas. De norte a sur: Le Tour (1.462 m.), Montroc, Le Planet, Argentière (1.252 m.), Les Chosalets, Le Lavancher, Les Tines, Les Bois, Les-Praz-de-Chamonix (1.060 m.), Chamonix-Mont-Blanc, Les Pècles, Les Mouilles, Les Barrats, Les Pélerins, Les Gaillands, e Les Bossons (1.012 m.).

Turismo[editar | editar a fonte]

Transporte[editar | editar a fonte]

Estradas[editar | editar a fonte]

A vila de Chamonix é servida pola francesa Route Nationale 205 (RN 205), apodada a Route Blanche, ou "ruta branca" debido ás súas nevaradas. Esta é unha extensión da francesa autoroute 40 (A40), do mesmo xeito apodada a autoroute blanche, que remata en Le Fayet, unha aldea na comuna de Saint-Gervais-les-Bains.[3] O túnel do Mont Blanc de 11,6 km orixínase aquí, unindo Chamonix con Courmayeur en Italia.[4] Chamonix está unido con Suíza pola que adoitaba ser a RN 506a. En 2006 foi convertida na Route Départementale 1506, cunha parte dela integrada na RN 205. O aeroporto máis próximo a Chamonix é o Aeroporto Internacional de Xenebra e está a 88 km de distancia, habendo empresas que realizan traslados ao aeroporto cada 45 minutos.[5] Outras ofrecen un servizo regular de autobús diario desde o aeroporto de Xenebra a Chamonix.[6]

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

Chamonix é servido pola bitola métrica Saint-Gervais–Vallorcine, operado por SNCF. A liña de Saint-Gervais (na rede ferroviaria de vía ancha) a Chamonix abriuse en 1901; estendéndose a Vallorcine en 1908. A liña ten o récord de ser a máis empinada.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Chamonix está irmandado con:


Panorama do val de Chamonix

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]