Pausanias (xeógrafo)
Pausanias (en grego antigo Παυσανίας Pausanías), chamado o Periéxeta, foi un xeógrafo e viaxeiro da Antigüidade. Naceu segundo as suposicións actuais en Magnesia do Sípilo (Lidia) sobre o ano 115, morreu en Roma sobre o ano 180.
Índice |
Traxectoria[editar]
Pausanias explora a Grecia antiga, a Macedonia romana, Italia, Asia e África antes de vivir en Roma sobre o 174. Alí escribe unha Descrición de Grecia (Περιήγησις / Periêgêsis [Hellados]), ou Periexese, en dez libros. Á maneira dunha guía de viaxes moderna dá, segundo transcorre o seu itinerario, a lista detallada dos lugares que visita (entre as que destaca a descrición de Delfos) e as lendas que están en relación con eles. O historiador Paul Veyne chega a dicir na súa obra Les Grecs ont-ils cru à leurs mythes ? (1983) :
A obra de Pausanias ´e así un testemuño de primeira importancia sobre Grecia en época romana, en particular para o século II, mesmo se Pausanias se comprace a miúdo en mesturar a historia e a mitoloxía. Numerosas escavacións arqueolóxicas teñen confirmado en moitas ocasións a veracidade das súas informacións, sobre todo no que atinxe os xacementos históricos e as obras de arte que contiñan.
A Descrición está composta do seguinte xeito:
- libro III : a Laconia.
- libro IV : a Mesenia.
- libro VI : Élida (2ª parte).
- libro VII : Acaia.
- libro VIII : Arcadia.
- libro IX : Beocia.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Jacques Lacarrière, Promenades dans la Grèce antique, Hachette, 1978.