Albertville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Albertville

Albertville é unha comuna francesa, situada a carón do río Arly no departamento de Savoia e na rexión Ródano-Alpes. Actualmente ten 20.000 habitantes.

Albertville fundouna en 1836 o rei Carlos Alberto ao xuntar as vilas de Conflans e de l'Hôpital. A vila, máis industrial ca turística, organizou os Xogos Olímpicos de inverno de 1992.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albertville