Sin-Itiro Tomonaga
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
En grafía inglesa, "Shin'itiro Tomonaga". (1906 - 1979)
Shin'ichirō Tomonaga (朝永振一郎, ともなが しんいちろう; Tomonaga Shin'ichirō) foi físico xaponés, obtivo o Premio Nobel de Física no 1965, xunto a Richard Feynman e Julian Schwinger, polo desenvolvemento dos principios básicos da electrodinámica cuántica.
Comezou as súas investigacións na EDC no ano 1941, ó chegar a ser profesor na que hoxe é Universidade de Tokio. A Segunda Guerra Mundial incidiu no seu illamento dos científicos máis sobresaíntes no tema, a pesares do que no 1943 completou e publicou as súas investigacións, que fixeron compatible a EDC e a Teoría da Relatividade Especial. No 1947, coincidindo coa publicación de resultados por Feynman e Schiwinger, os seus resultados chamaron a atención do mundo científico a nivel mundial, atopando consistencia entre as publicacións dos tres.
Foi Rector da súa Universidade do 1956 ó 1962, sendo nomeado despois presidente do Consello científico xaponés. Fixo campaña contra as armas nucleares e a favor do desenvolvemento pacífico da enerxía nuclear.
Bibliografía [editar]
En inglés [editar]
Silvan S. Schweber, QED and the Men Who Made It: Dyson, Feynman, Schwinger, and Tomonaga (1994), historia do desenvolvemento intelectual da Electrodinaica Cuántica (en inglés, Quantum Electro-Dynamics, QED).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |