Institute for Advanced Study

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IAS Princeton.jpg

O Institute for Advanced Study ou IAS é unha institución privada estadounidense de Princeton (Nova Jersey). Foi deseñada para acoller investigacións avanzadas básicas levadas a cabo por científicos de varios campos, sen a molestia de ter que dar clase, conseguir fondos, ou buscar patrocinadores. Aínda que está preto, non é parte da Universidade de Princeton. O IAS fíxose especialmente famoso por ser o lugar de traballo de Albert Einstein e John von Neumann tras a súa emigración aos Estados Unidos. Hai outros institutos de estudos avanzados nos EUA e outras partes do mundo, baseados no mesmo modelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Institute for Advanced Study Modificar a ligazón no Wikidata