Martin Lewis Perl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perl.

Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York, é un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron inmigrantes xudeus a Estados Unidos desde unha zona polonesa de Rusia. Perl graduaouse en 1948 do Instituto Politécnico de Brooklyn (agora coñecido como Polytechnic University) en Brooklyn, e recibiu o seu Ph.D. da Universidade de Columbia en 1955. Pasou a súa carreira na Universidade de Michigan e no Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]