Wisconsin
|
|||||
| Lema: Forward | |||||
| Outros Estados dos EUA | |||||
| Datos xerais | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Capital | Madison | ||||
| Maior cidade | Milwaukee | ||||
| Gobernador | Jim Doyle | ||||
| Lingua oficial: | Inglés | ||||
| Área | 169.790 km² (23) | ||||
| - Terra | 140.187 km² | ||||
| - Auga | 28.006 km² (17%) | ||||
| Poboación (2000) | |||||
| - Poboación | 5.363.675 (18) | ||||
| - Densidade | 38.13 /km² (24) | ||||
| Entrada na Unión | |||||
| - Data | 29 de maio de 1948 | ||||
| - Orde | 30º | ||||
| Xeografía | |||||
| Fuso horario | CEST: UTC-6/-5 | ||||
| Latitude | 42°30'N - 47°3'N | ||||
| Lonxitude | 86°49'W - 92°54'W | ||||
| Largo N-S | 500 km | ||||
| Ancho E-O | 420 km | ||||
| Altitude | |||||
| - Altitude media | 320 m | ||||
| - Máis elevado | 595 m | ||||
| - Menos elevado | 177 m | ||||
| Códigos e abreviacións | |||||
| - USPS | WI | ||||
| - ISO 3166-2 | US-WI | ||||
| Sitio web | |||||
| www.wisconsin.gov | |||||
Wisconsin é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Michigan, e ao leste co lago Michigan. A capital de Wisconsin é Madison e a abreviatura postal para o estado é WI.
Índice |
Historia [editar]
O nome do estado pode terse orixinado da palabra ojibwa Miskwasiniing, significando “lugar da pedra vermella", que posiblemente era o nome dado ó río Wisconsin, e era pronunciado como Ouisconsin polos indios chippewa. A pronuncia foi revisada en 1845 polo lexislativo do territorio. Sen embargo, o nome actual na lingua ojibwe é Wiishkoonsing ou Wazhashkoonsing, que significa "toca do rato almiscarado" ou "lugar do pequeno rato almiscarado." Orixinalmente, Ouisconsin aplicavase ó Río Wisconsin, e despois para toda a rexión cando Wisconsin tornouse território.
Avanzo para o Oeste [editar]
O 1634, o francés Jean Nicolet tornouse o primeiro europeu a explorar o Wisconsin. Ele fundou a colonia de Green Bay. Nos 100 anos seguintes, a rexión foi poboada por comerciantes franceses de peles. A Francia transferiu o territorio para o Reino Unido en 1763. Os Estados Unidos adquiriron o territorio despois da Revolución en 1783, pero ele permaneceu baixo administración británica ata a Guerra Anglo-Estadounidense de 1812. O século XIX asistiu a colonización por ianques, mineradores de Cornualles e por colonos xermánicos, escandinavos e suízos.
Límites [editar]
Wisconsin ten límites cos estados de Iowa, Minnesota, Michigan e Illinois, así como os Grandes Lagos Michigan e Superior. Fai parte do territorio dos Estados Unidos dende a Guerra Revolucionária Americana. O Territorio do Wisconsin foi formado o 3 de xullo de 1836. Wisconsin ratificou a súa constitución o 13 de marzo de 1848, e tornouse o 30º estado dos EUA o 29 de maio de 1848.
Economía [editar]
A economía do Wisconsin baseábase orixinalmente na produción das facendas (especialmente produtos de granxa), na minería e na extracción de madeira. No século XX o turismo tornouse importante, e moitas persoas que vivían nas facendas mudaron de emprego e foron traballar noutras rexións. A industrialización en larga escala iniciouse no final do século XIX no suroeste do estado, coa cidade de Milwaukee como centro principal. En décadas recentes, os servizos, especialmente medicina e educación, tornaronse dominantes. A paisaxe do estado, bastante modificada pola glaciación, da última Idade do Xelo torna o estado popular para o turismo e para outras formas de recreación.
Cidades [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||