Paul Ehrenfest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Ehrenfest
Paul Ehrenfest (2).jpg
Paul Ehrenfest
Nacemento 18 de xaneiro de 1880
Viena
Morte 25 de setembro de 1933
Amsterdam
Campo Física
Alma mater Universidade de Viena
Cónxuxe Tatyana Alexeyevna Afanasyeva

Paul Ehrenfest, nado o 18 de xaneiro de 1880, finado o 25 de setembro de 1933, foi un físico e matemático austríaco, que obtivo a nacionalidade holandesa o 24 de marzo de 1922. As súas principais contribucións producíronse no eido da Física estatística, e a súa relación coa mecánica cuántica, e tamén se lle debe a teoría de Cambio de estado e o teorema de Ehrenfest. En decembro de 1904, casou coa matemática rusa Tatyana Alexeyevna Afanasyeva (1876–1964), que se converteu nunha das súas colaboradoras. Tiveron dúas fillas e dous fillos: Tatyana (1905-1984), que tamén se converteu en matemática, Galinka (1910-1979) ilustradora de libros para cativos, Paul Jr. (1915-1939) físico e Vassily (1918-1933).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: