Groninga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groninga
Groningen
Bandeira de Groninga Escudo de Groninga
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Smallingerland respecto de Frisia
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Flag of Groningen.svg Groninga
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
83,69 km²
79,59 km²
4,10 km²
Poboación
Poboación: 184.854 (2008)
Densidade: 2.366 hab/km2
Información
Código postal: 9700 - 9749
Alcalde: Jacques Wallage (PvdA)
Sitio na web: www.groningen.nl
Para a provincia homónima, véxase Provincia de Groninga.
A Martinitoren e a Martinikerk vistas desde o Grote Markt

Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.

Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicir "os cidadáns", por contraste coa rexión circundante que é sobre todo un país agrícola.

Historia[editar | editar a fonte]

Groningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dos primeiros membros da Liga hanseática: no 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.

En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona especialmente polo seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten gran importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.

Economía[editar | editar a fonte]

Desde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos próximos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentarias, en particular as de refinamento de azucre de remolacha.

Municipio[editar | editar a fonte]

Groninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Entre outros salientan:

  • Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, cunha torre de 94 m (Martinitoren); a ábsida está decorada con frescos do século XVI;
  • Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
  • Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
  • Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;

Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).

Museos[editar | editar a fonte]

  • Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
  • Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
  • Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación co tabaco
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Groninga