A Barqueira, Cerdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Barqueira
Igrexa de Santo Antonio da Barqueira
ConcelloCerdido[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°36′35″N 7°56′28″O / 43.6098, -7.9412Coordenadas: 43°36′35″N 7°56′28″O / 43.6098, -7.9412
Poboación580 hab. (2016)
Entidades de poboación46[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Antonio da Barqueira é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo IGE no ano 2016 tiña 580 habitantes (277 mulleres e 303 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 680 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Barqueira esténdese pola marxe esquerda do río Mera e o seu afluente o Casás. Limita ao norte coa parroquia de Montoxo do concello de Cedeira; polo nordeste o regato Guitín sepáraa da parroquia ortigueiresa de Mera de Arriba até a Fervenza; polo leste linda con esta mesma parroquia de Ortigueira separada polo río Mera e coa parroquia dos Casás separada polo río do mesmo nome. Polo sur linda coa parroquia de San Xoán de Moeche no regato que baixa das Cabanas e desauga no Casares, seguindo o linde polo regato Vilachave até o lugar da Barbelas. Finalmente polo oeste limita coa parroquia de Cerdido.

A estrada AC-682 de Ferrol a Ribadeo atravesa esta parroquia pola súa parte occidental de norte a sur polos lugares de Casavella, Guelle, Cruz Encarnada, Feal, Barbas, Lubeira, Felgosa e Barbelas.

Dende o lugar de Felgosa sae a estrada que vai a Espiñaredo e desde ese mesmo lugar sae percorrendo o val do Rioforcado outra estrada até Porto do Cabo.

A liña de FEVE Ferrol- Xixón pasa pola parte oriental da parroquia bordeando os ríos Mera e Casares. A estación que leva o nome de Cerdido está no lugar de Sollen, preto da estrada a Espiñaredo

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia foi creada en 1896 con lugares da de Cerdido.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar de Felgosa atópase a moderna casa do Concello á beira da estrada AC-682. No lugar de Porto está a igrexa parroquial de recente construción e mais unha escola de indianos. Neste mesmo lugar existe un extenso campo de feira, moi concorrida noutros tempos.

Esta parroquia vén sendo o núcleo comercial do concello xa que celebra cada mes a feira do municipio. Na actualidade a celebración desta feira é a primeira fin de semana de cada mes pero tradicionalmente celebrábase o día 6.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Barqueira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido

Abelleira de Abaixo | Abelleira de Arriba | Os Abruñeiros | Aldar | A Avispeira | Barbas | As Barbelas | A Barqueira Vella | As Cabanas | As Cancelas | Casaldaia de Arriba | A Casanova | A Casavella | A Casilla | Os Castros | A Cruz Encarnada | A Cuqueira | Curutelo | Escote | O Espiño | O Feal | As Felgosas | Guelle | Lamigueiro Novo | Lamigueiro Vello | Lobeira | Moutillón | Os Navallos | A Painceira | A Paleira | Os Pereiros | O Piñón | O Porto | A Pozadauga | A Rañoa | Rioforcado | Riovello | Seoane | Sete de Abaixo | Sete de Arriba | Susloureiros | A Torre | As Travesas | Ulfe de Chao | Ulfe de Malados

Parroquias de Cerdido[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Carneiro Rey, Juan A.; Serrano Otero, Javier (2000). "Cerdido: Patrimonio arqueolóxico-etnográfico" (PDF). El legado cultural de la iglesia mindoniense. pp. 421–442, en 425. ISBN 84-95322-46-3. 
  3. Diccionario xeográfico, estatístico e histórico de España de Pascual Madoz (tomo VI, páx. 325) de 1845-1850.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]