Enerxía escura
En cosmoloxía, a enerxía escura é unha forma hipotética de enerxía que estaría permeada no espazo, tendo unha forte presión negativa. De acordo coa teoría da relatividade, o efecto de tal presión negativa sería semellante, cualitativamente, a unha forza que axe en larga escala en oposición á gravidade. Tal efecto hipotético é frecuentemente utilizado por diversas teorías actuais que tentan explicar as observacións que apuntan a un universo en aceleración, así como para explicar a porción significativa de masa en falta no universo.
Os datos das sondas COBE e WMAP sinalan que o Universo esta formado nun 5 % de materia e enerxía ordinarias, nun 25 % de materia escura (que xenera gravidade, consonte os datos obtidos da rotación das estrelas nas galaxias), e nun 70 % de enerxía escura (que mantén a súa densidade fixa no universo, a diferencia da materia e enerxía ordinarias que se diluen pola expansión do universo), datos tamén confirmados polo experimento BOOMERanG.
Hoxe en día propóñense dúas hipóteses explicativas posíbeis para a enerxía escura: a constante cosmolóxica (unha densidade enerxética que preenchería o espazo de forma homoxénea) e a "quintesencia" (un campo dinámico cuxa densidade enerxética podería variar no tempo e no espazo). Optar por unha destas dúas alternativas presuporá medidas rigorosas da expansión do universo para comprender de que forma é que varía co tempo a velocidade da expansión. A taxa de expansión é parametrizada pola ecuación de estado cosmolóxica.
Índice |
[editar] Descubrimento da enerxía escura
Ainda que foi Albert Einstein o que postulou no seculo XX a existencia dunha enerxia a que chamou constante cosmolóxica, e que despois desdeñou coma un dos seus maiores erros, non sería ata o ano 1998 cando dous equipos cientificos demostraron a expansión acelerada do universo e polo tanto a existencia da chamada enerxía escura. Un deles chamado "Proxecto Cosmolóxico Supernova"(Supernova Cosmology Project) dirixido por Saul Perlmutter no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley (Estados Unidos); e o outro chamado "Equipo de Busqueda de Supernovas de Alto Z" (High-z Supernova Search Team) dirixido por Brian Schmidt da Australian National University en Weston Creek (Australia), e no que tamén traballa Adam G. Riess da Jhons Hopkins University e do Space Telescope Science Institute de Baltimore (Estados Unidos). Ambos equipos estudando as explosións de supernovas de tipo IA -como candelas estandar- descubriron de xeito independente a expansión acelerada do universo, isto é a separación entre os obxetos do universo aumenta de xeito exponencial en todas direccións. Dende entón, a aceleración tense confirmado por outras fontes: medidas do fondo cósmico de microondas, lentes gravitacionais, nucleosíntesis primixenia de elementos lixeiros, estrutura a gran escala do universo, medidas melloradas de supernovas IA, todas elas teñen sido consistentes co modelo Lambda-CDM. Saul Perlmutter, Brian P. Schmidt, e Adam G. Riess foron galardonados co Premio Nobel de Física no ano 2011 polo descubrimento da expansión acelerada do universo.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Resultados do "Proxecto Cosmolóxico Supernova" (en inglés)
- Resultados do ""Equipo de Busqueda de Supernovas de Alto Z" (en inglés)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
